O PP de Pontevedra esixe a dimisión inmediata da Ministra de Igualdad polo novo fallo completamente inadmisible das pulseras antimaltrato, que afectou directamente a víctimas da provincia
Pontevedra, 14 de novembro de 2025.-
Os deputados pontevedreses no Congreso, Irene Garrido, Pedro Puy e Juan Bayón esixen a dimisión inmediata da ministra de Igualdade, Ana Redondo, polo novo fallo completamente inadmisible e neglixente das pulseiras antimaltrato.
Os deputados pontevedreses rexistraron onte unha pregunta no Congreso pedindo explicacións sobre este novo fallo do sistema que afectou directamente a victimas da nosa provincia, deixando ás vítimas de violencia de xénero incomunicadas durante horas.
Irene Garrido explicou que efectivamente este mesmo martes, 11 de Novembro o Ministerio de Igualdade recoñeceu un novo fallo nos dispositivos telemáticos de protección das mulleres vítimas de violencia de xénero e violencia sexual, o que é completamente inadmisible.
A deputada pontevedresa indicou que estes fallos son completamente intolerables. “Seguimos vendo que ao Goberno central non lle importa para nada a protección das vítimas da violencia de xénero, porque nada fixeron para arranxar este grave problema e nada fan porque o sistema sigue fallando, e as víctimas seguen sen poden contar con esta protección. Cando deberían estar a recibir información a tempo real sobre o seu agresor, o único que vían nos seus dispositivos era “comunicación non disponible”, destacou a deputada nacional.
Nesta liña, subliñou que, na pregunta rexistrada no Congreso dos Deputados, esixen ao Goberno central explicacións sobre este novo intolerable fallo, e preguntan ao Estado se ante esta nova grave situación, pode o Ministerio de Igualdade proporcionar datos concretos e actualizados sobre cantas mulleres vítimas, na provincia de Pontevedra víronse afectadas por este novo erro no seguimento telemático.
“Saben cal foi a duración exacta do período no que o sistema non puido facilitar información ás mulleres sobre a situación do seu agresor. Con cantas mulleres da provincia de Pontevedra contactouse para comprobar que a súa seguridade estaba garantida. Que medidas específicas implementáronse para reparar o dano causado ás vítimas da provincia de Pontevedra ante este novo fallo do sistema. Preveñen tomar alguna medida”, preguntan os deputados pontevedreses.