O PP de Pontevedra denuncia a falta de transparencia no proceso de reforma do Regulamento Xeral de Costas xa que o Goberno pretende modificala pola porta de atrás
Pontevedra, 18 de febrero de 2026.-
O A voceira de Cangas e deputada autonómica, Loli Hermelo, denuncia a falta de transparencia no proceso de reforma do Regulamento Xeral de Costas, xa que a pretensión do Goberno central é modificar novamente o Regulamento pola porta de atrás escudándose en que así llo exixe Bruxelas.
Loli Hermelo explicou que se repite o mesmo modus operandi de 2018 e 2024, as dúas veces anteriores nas que intentou modificar a normativa coartando a participación do conxunto da cidadanía e co único fin de restrinxir os usos da costa. No primeiro caso o Tribunal Supremo acabou anulando a reforma do Regulamento Xeral de Costas por un defecto de forma e no segundo, o propio Goberno central paralizou o procedemento ante o rexeitamento frontal das comunidades autónomas costeiras.
“Agora temos que ver un terceiro intento de escurantismo e reclamamos ao Goberno que aporte toda a información sobre o que pretende facer así como que aclare o que realmente lle pide Bruxelas, e teño que lembrar que a Xunta demandou información en varias ocasións sobre o contido do expediente de infracción aberto pola Comisión Europea, pero non hai resposta nin a ten”, denunciou Loli Hermelo.
Ante esta situación, Galicia vai exixir ao Ministerio nas súas alegacións -que se poden presentar ata o próximo xoves- que remita toda a documentación relativa ao procedemento iniciado por Bruxelas, que expoña claramente o alcance real da modificación do regulamento e que amplíe a un mes o prazo da consulta pública previa, para facer efectiva a participación que se infire deste tipo de trámites, xa que detrás deste xeito de actuar agóchase a pretensión de evitar o trámite parlamentario, o debate público e que a reforma teña que ser aprobada polo Congreso dos Deputados.
A deputada autonómica reiterou o compromiso da Xunta de defender un marco normativo claro, estable e previsible, reclamando lealdade institucional, participación efectiva das comunidades autónomas e que calquera reforma se basee en informes técnicos rigorosos e no respecto á realidade do litoral galego e da súa cadea mar-industria.