O PP de Pontevedra considera insuficientes as medidas do decreto anticrise do Goberno e reclama máis axudas para os sectores máis afectados e para as familias
Pontevedra, 25 de marzo de 2026.-
O Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación de Pontevedra presentará este venres no Pleno unha moción na que se solicita que se adopten máis medidas para evitar o impacto do incremento de custes enerxéticos provocado pola guerra de Irán e consideran completamente insuficientes as medidas aprobadas no Decreto anticrise do Goberno estatal.
A escalada do conflito armado en Oriente Medio está a xerar importantes consecuencias económicas a escala global, especialmente nos mercados enerxéticos. O encarecemento do petróleo e da enerxía está a provocar un efecto directo sobre numerosos sectores produtivos e de milleiros de familias. As medidas anunciadas polo Goberno son claramente insuficientes, indicaron os populares.
“Cando España máis necesita un Goberno que goberne, a guerra de Irán puxo de novo en evidencia que o que temos é un desgoberno absoluto. A guerra debía ser o estímulo para sacar adiante uns Presupostos con solucións, e é a enésima excusa para renunciar a eles”, lamentaron dende o grupo provincial.
Polo que dende o PP de Pontevedra indican que é preciso tamén a rebaixa do IVE nos productos frescos, que se actualice a tarifa del IRPF axustándoa á inflación, que se protexa tamén ás familias, ademáis de eximir do pago a todos os autonómos que facturen menos de 85.000 euros.
Os populares pontevedreses agradeceron e puxeron de exemplo a xestión da Xunta xa que, tal e como anunciou hoxe o presidente Alfonso Rueda, o Consello da Xunta aprobará a vindeira semana un plan de 150 millóns de euros para os sectores máis afectados e para todos os cidadáns, que incluirá axudas con créditos rápidos para as empresas que están sofrindo perdas, así como axudas para os sectores primarios, agrícola e marítimo, e para os transportistas debido ao aumento dos prezos do combustible.