O PP de Pontecesures rexeita o Orzamento 2026 polo despilfarro e falta de proxectos tras exemplificar a “desfeita” por recurtar un 95% os investimentos e medrar un 68% as festas

Pontecesures, 9 de maio de 2026

O grupo municipal do PP de Pontecesures vén de expresar o seu absoluto rexeitamento ao proxecto de Orzamentos Municipais 2026, que foi aprobado esta semana en pleno polo bipartito, porque se trata dun documento que plasma o despilfarro e a falta absoluta de proxectos –estratéxicos e doutra índole– e exemplificou a “desfeita” destas contas no feito de recollen un recurte do 95% en investimentos e medran un 68% a partida de festas.

“Un goberno que vai adicar máis cartos a fogos artificiais que a asfalto, co mal que están as pistas, por só poñer un exemplo, ten un claro problema de prioridades e, desde logo, non está coas da veciñanza”, lamentou o voceiro, Manuel Vidal Seage, que cargou especialmente co retroceso dos investimentos desde os 483.989 euros do ano anterior ata os raquíticos 25.000 euros para o presente exercicio: “Só por isto estamos ante uns orzamentos nefastos porque non atenden as necesidades dos veciños e máis tras tres anos da nada máis absoluta”.

Neste senso, o concelleiro popular indicou que ninguén entende que, neste contexto de freazo dos investimentos, a partida de festas medre de 61.500 a 103.404 euros “cando ademais ralla no contradictorio, posto que este goberno foi o que máis festas e tradicións abandonou e suprimíu, comezando pola Lamprea, que ademais responde ás nosas sinais de identidade”. “Vanse adicar catro veces máis cartos a festas que a investimentos e non hai máis preguntas señoría”, ironizou o edil do PP.

Polo demais, Manuel Vidal Seage tamén alertou que as contas están asentadas nunha absoluta dependencia da Xunta e da Deputación, “que son as que nos están a rescatar da case desaparición á que nos levan BNG e PSOE”, posto que as transferencias doutras administracións xa supoñen 1,3 dos 2,5 millóns de euros orzamentados.

Así mesmo, tamén se quixo deter especialmente nas irregularidades do propio proxecto económico, posto certifica o incumprimento da regra de gasto cun exceso de 224.159 euros, que supón un 16,1% cando o máximo legal é do 3,5%. “Empezan as contas facendo mal as contas, xa que prevén gastar, e o peor de todo é que para non facer nada, máis do que van ingresar, pero logo estes despilfarros hai que pagalos, pero para iso xa esquilmarán aos veciños”, sinalou o voceiro municipal.

Finalmente, Manuel Vidal Seage lamentou que estes orzamentos afonden no gasto desmesurado e superfluo, aumenten as débedas que terá que asumir a veciñanza e non recollan nada para proxectos estratéxicos que están a quedar atrás por decisión da alcaldesa, Maite Tocino, como a ampliación e mellora do Náutico, o impulso de vivenda pública ou a creación de solo empresarial: “Este non é un orzamento de xestión responsable. É un documento de propagando con cobertura contable mentres non se avanza nada no importante e co que se vén enriba polo tema do lixo tan mal xestionado polo BNG, polo que só podemos dicir que son unhas contas feitas contra Pontecesures”.