O PP de Pontecesures arremete contra a proposta de ordenanza de poxas de viviendas en ruíñas, xa que atenta contra a propiedade privada e só serve para fomentar a especulación
Pontecesures, 28 de febreiro de 2026
O grupo municipal do PP de Pontecesures vén de arremeter contra a proposta da alcaldesa, Maite Tocino, para aprobar unha ordenanza pola que o Concello poida sacar en poxa públicas as vivendas que estean en ruínas, xa que considera que dita medida atenta gravemente contra a propiedade privada e só serve para fomentar a especulación, xa que estes procesos públicos sempre rematan cos bens convertidos en pisos turísticos ou en mans de grandes tenedores, pero non solucionan nunca o acceso a un fogar dos cidadáns interesados.
“Non é a solución e ademais é algo moi perigoso, posto que baixo a etiqueta de suposta ‘palanca legal’ preténdese facer un experimento xurídico e ideolóxico que erosiona a seguridade xurídica de moita xente que, co seu esforzo ou o dos seus familiares, fixo unha casa. Por iso, enmarcamos esto máis ben no deriva pseudoprogresista de BNG e PSOE que só debilita aos pequenos propietarios e mima aos okupas”, criticou o voceiro popular, Manuel Vidal Seage, que considera que esta medida é un simple mecanismo para proceder á venda forzosa de bens privados cun intento de atallo no ordenamento.
Para o concelleiro do PP, o Concello xa dispón de moitas ferramentas legais para actuar nas casas en ma estado, como as ordes de execución, as multas coercitivas, a execución subsidiaria e incluso a expropiación por incumprimento, “asi que substituír todo isto, que funciona se o Concello traballar e fai o que ten que facer, por unha poxa é unha extralimitación que, ademais, é papel mollado porque hai que localizar a todos os titulares –en moitos casos é moi difícil por cuestións de herdanza– e porque todo caería ao primeiro recurso serio”.
“Non dicimos que Pontecesures sexa Caracas nin que Maite Tocino actúe como Maduro, pero é inquietantemente parecida a aposta pola destrución da seguridade seguridade xurídica, polas ameazas aos propietarios e polo feito de que a propiedade deixa de ser un dereito e pasa a ser un recurso do poder político. E xa se sabe que se empeza por unha ordenanza e non se sabe onde pode acabar todo”, sinalou o edil popular.
Manuel Vidal Seage indicou ademais que as alternativas e propostas en materia de vivenda deberían ir por outro rego e, neste senso, debullou as iniciativas do PP cesureño, que pasarían polo emprego das ferramentas vixentes para as casas en ruínas, o deseño de programas de rehabilitación con posteriores alugueiros taxados, a creación dunha bolsa de vivendas con incentivos fiscais para que os donos as poñan no mercado, a coordinación con outras administracións –sobre todo a Xunta– para o arranxo de casas e pisos en mal estado e a defensa dos pequenos propietarios fronte ao fenómeno da okupación.
“Que o Concello de Pontecesures pretende actuar como poxador público é unha temeridade que, ademais, pode vir de volta e ter un importante custe para as arcas municipais, pero é que ademais esta medida non vai favorecer o acceso á unha vivenda para a xente de a pé e atenta contra os propietarios. O que tiñan que facer é reforzar o parque público e promover o alugueiro e a rehabilitación en vez de poñerse a sacar inmobles ao mellor postor a modo experimento como se, para eles, Pontecesures fose un laboratorio”, concluíu o voceiro popular, que lle reclamou á alcaldesa que paralice de inmediato esta proposta de ordenanza.