O PP de Pontecaldelas solicita ao alcalde que convoque un pleno extraordinario e rectifique de maneira inmediata a dedicación da súa parella cun soldo do concello

Pontecaldelas, 3 de febrero de 2026.-

A concelleira do PP de Pontecaldelas, Inés Sanchez, solicita ao alcalde que convoque un pleno extraordinario de maneira inmediata e rectifique a dedicación da súa parella cun soldo do concello. “É inaceptable e intolerable as explicacións do alcalde sobre o cese da asesora de comunicación para outorgarlle á súa parella unha dedicación parcial de 33.116€”, indicou a concelleira popular.

A popular lembrou que Pontecaldelas é o concello no tramo de poboación de 5.000 a 10.000 habitantes máis caro de toda a provincia, e que por riba agora conta con 5 de 8 dedicacións nas filas socialistas, vulnerando completamente a normativa, xa que só podería ter 3 dedicacións.

Nesta liña, Inés Sánchez recordou que cando gobernaba o PP no concello só contaba con dedicación exclusiva o alcalde popular e un posto de libre designación, moi por debaixo da normativa legal e moi lonxe do que conta agora a corporación actual

Segundo explicou Inés Sánchez, no pasado pleno municipal, toda a oposición votou en contra desta designación, tanto os concelleiros do PP como o concelleiro do BNG que estaba presente no Pleno. Pero lamentablemente a negativa de toda a oposición non foi suficiente para que o alcalde súmase ao seu soldo de preto de 50.000€, outro da súa parella de 33.116€, ambos procedentes das arcas munipais. Xa que, en concreto, á concelleira responsable de Benestar Social, Mocidade, Igualdade e agora tamén de Comunicación, Isabel Pregal, asignóuselle unha dedicación parcial pola que cobrará de forma anual de 33.116,02 euros brutos ao ano en 14 pagas.

Nese mesmo Pleno, o rexedor cesou á asesora de comunicación que estaba contratada, aludindo motivos de saúde. “Non lle pode entrar na cabeza a ninguén, que se cese a unha persoa por motivos de saúde, xa que isto reprime completamente todos os seus dereitos laborais e sociais. Isto é denunciable. Racha con todos os límites da ética. Hai que recordarlle ao alcalde, que temos unha normativa que establece que non se pode despedir a alguén utilizando a enfermidade como motivo principal, xa que isto considérase discriminatorio segundo a Lei 15/2022 integral para a igualdade de trato. E o que é aínda moito máis grave, a cesa para colocar a súa parella”, explicou a concelleira de Pontecaldelas.

“Estamos abochornaos coa imaxe que de Pontecaldelas está a darse a nivel nacional. Avergonzados e indignados. Hoxe somos noticia porque o alcalde de Pontecaldelas dálle unha dedicación parcial do 75% á súa parella, que van pagar todos os veciños”, indicou Inés Sánchez.

A concelleira tamén explicou que a concelleira, que agora se presenta como coach de intelixencia emocional, antes de estar nas listas socialistas co seu mozo no concello de Pontecaldelas, liderou a lista de Ciudadanos no veciño concello de Fornelos de Montes durante as municipais de 2019.