O PP de Poio celebra a súa Cea de Nadal con 200 asistentes

Sábado, 13 de decembro de 2025.

O PP de Poio celebrou a súa tradicional Cea de Nadal, que reuníu a máis de 200 persoas para felicitarse as festas e poñer en valor o gran traballo realizado pola formación liderada por Ángel Moldes ao fronte do Concello durante os dous anos e medio do presente mandato.

O ágape contou coa presenza do presidente do PPdeG e da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; do presidente provincial e da Deputación de Pontevedra, Luis López; e doutros cargos do partido na provincia.