O PP de Pazos lamenta a “paralización total” do Concello co goberno de Luciano Otero e cre que estes dous anos “foron perdidos polo despilfarro e a confrontación”

Venres, 27 de xuño de 2025.-

O grupo municipal do PP de Pazos de Borbén vén de comparecer para realizar unha valoración da primeira metade do mandato lamentando a “paralización total” que padece o Concello co goberno de Luciano Otero e criticando que estes dous anos “foron absolutamente perdidos polas políticas de despilfarro e confrontación”.

Os populares fan unha enmenda á totalidade á xestión do goberno independente de AV, pero tamén instaron aos demais grupos da oposición, PSOE e BNG, a abandonar a súa complicidade do rexedor “ao que investiron malia perder as eleccións só para que non gobernara o PP e que agora son os cómplices da desfeita que vivimos en Pazos e que eles mesmo admite publicamente”. “Pedímoslles que actúen a prol dos veciños en vez de limitarse a críticas covardes e ineficaces, porque hai fórmulas para revertir esta terrible situación”, apostillou a voceira municipal, Eloísa Nogueira.

En canto ao balance municipal, o PP de Pazos criticou a política económica, xa que o Concello traballa co orzamento prorrogado do ano 2022, elaborado cando gobernaba Andrés Iglesias, “xa que o alcalde non é quen de chegar a acordos pola súa política sectaria e económicamente nefasta agás para os seus afíns”.

Así, os populares indicaron que, ademais de non aprobar a Conta Xeral, hai un incumprimento sistemático dos procedementos e un levantamento dos reparos ás contas e facturas, xa que neste mandato só se benefician os que reciben determinadas contratacións e todo o conglomerado de empresas dos seus asesores.

“Hai un despilfarro que só responde aos seus intereses persoais, porque hai un gasto desborbitado en comunicación, xa se entrar no emprego das redes sociais de manera partidista, pero en cambio os investimentos son pírricos e só chegan do rescate que nos está a facer a Deputación e os servizos municipais, como as piscinas ou as ludotecas para a conciliación de verán, sufren continuos recurtes o directamente se suprimen”, apostillou a concelleira popular.

Eloísa Nogueira tamén criticou a supresión de axudas para festas gastronómicas e patronais, a redución das subvencións a clubes deportivos, Anpas e a asociación de pensionistas ou a ausencia da roza das pistas e camiños municipais a piques de finalizar o mes de xuño co conseguinte risco para a seguridade viaria e peonil e para a reproducción de lumes forestais.

“Estamos ante un Concello no que non funciona absolutamente nada, na que os problemas, como a auga de Moscoso, non se solucionan, ou onde os conflitos son creados polo propio alcalde como no caso da estrada dos Valos, por citar só dous exemplos. Estamos ante un Concello que se cae, e ademais de xeito literal, porque a casa consistorial derrubouse hai meses por un temporal e segue sen poder empregarse porque nin o alcalde nin AV saben que facer para arranxala”, concluíu a voceira do PP.