O PP de Pazos acusa ao goberno local de “xogar coa saúde” dos case 400 veciños de Moscoso pola insalubridade da auga durante un mes e a falta de información

Sábado, 31 de maio de 2025.-

O grupo municipal do PP de Pazos de Borbén acusou hoxe ao goberno local de “xogar coa saúde” dos case 400 veciños da parroquia de Moscoso pola insalubridade e falta de potabilidade da auga procedente da rede municipal de abastecemento durante o último mes e pola falta de información áxil e veraz facilitada aos afectados.

Os populares revelaron que o Concello recibíu o pasado lunes 26 de maio unha analítica que arroxaba que a auga de Moscoso estaba contaminada por microbiota, pero non informou desta situación ata o mércores 28 ás 13.00 horas cunha publicación nas redes sociais oficiais do Concello.

Esta tardanza, que desde o PP tildan de “lamentable e irresponsable”, non servíu para solucionar a comunicación axeitada cos veciños, xa que moitos deles, como dixo a formación liderada por Eloísa Nogueira, non sabían do caso, polo que reclamóuselle ao goberno que fixera un buzoneo que se executou finalmente ao día seguinte, o xoves 29.

Paralelamente, a asociación de veciños de Moscoso pedíu explicacións por escrito e o goberno municipal indicou que se ía proceder a repetir a analítica, “o que demostra que a súa única solución pasaba por rezar e ser pacientes, porque non fixeron absolutamente nada por ver como estaba a rede e se podían solucionar esta situación”.

Sen embargo, para o PP este episodio tornouse máis grave cando se coñeceu que a analítica recibida o pasado lunes foi sacada dunha mostra obtida hai case un mes, “polo que estamos ante un problema de extrema gravidade, posto que os veciños de Moscoso estiveron consumindo auga contaminada durante uns trinta días”. Pero os populares indicaron que insalubridade da auga de Moscos segue sen resolverse, “posto que nunha nova volta de torca, o goberno local fixo unha nova publicación, baseada supostamente en información do laboratorio, que sostén que agora si a auga é apta para o consumo, pero cun exceso de microbiota que non reviste gravidade e todo elo sen facer unha nova analítica”.

Por todo elo, os populares criticaron con dureza os protocolos e as comunicacións erráticas e tardías do executivo local, e todo elo sen engadir a inacción na resolución do problema, e esixíronlle que se “tome en serio” a saúde dos veciños de Moscoso.

Finalmente, Eloísa Nogueira, que respaldou completamente as queixas e demandas dos afectados, lamentou a “demostra incompetencia” do goberno de Luciano Otero e criticou a súa “absoluta falta de axilidade na resolución deste episodio de contaminación, que segue vixente, como na información facilitada aos cidadáns”. “Xa sabíamos todos que a este alcalde o Concello lle queda moi grande e só fixo falta que chegara un problema de importancia para que se lle viran as costuras por todos lados, pero tristemente págano os veciños”, concluíu.