O PP de Moaña propón modificar o proxecto do auditorio en Sisalde para adicar esa parcela só a vivendas sociais e apostar por un centro sociocultural de maior aforo noutro espazo
Sábado, 13 de setembro de 2025.-
O grupo municipal do PP de Moaña vén de anunciar hoxe que vai presentar unha proposta no próximo pleno, baixo o formato de moción, na que solicitará a modificación do proxecto de Sisalde no que o goberno nacionalista pretende construír un auditorio cunhas dimensions que consideran “cativas” e misturalo con edificio de vivendas de carácter social. Os populares cren que se debe reformular esta actuación para adicar esta parcela exclusivamente a fins residencial en réxime de protección e apostar por outro espazo para levantar un centro sociocultural de maior aforo ao actualmente previsto.
Os populares consideran que esta aposta do executivo de Leticia Santos pode ser un “erro histórico”, xa que as dimensións da parcela non permiten facer un auditorio do tamaño que precisa Moaña porque estiman que as 380 butacas poden quedar cativas en pouco tempo, e ademais tampouco comprenden que se aquilate aínda máis o espazo cun proxecto para un máximo de dez vivendas sociais “que tampouco arranxarían o problema do acceso a un fogar”.
Ademais, engadiron que este proxecto pode toparse con outro problema, xa que auguraron que a Xunta, que ten disposición a investir en Moaña en materia de vivenda, non autorizará nin colaborará con este proxecto pola incompatibilidad de usos, “xa que non ten sentido nin vén amparado pola normativa que un lugar de espectáculos estea na mesma zona que unhas vivendas onde ten que primar o dereito ao descanso e a intimidade dos veciños”.
Por elo, o PP moañés vai propoñer que se cambie o actual proxecto e que o solar destinado ao auditorio en Sisalde se oriente exclusivamente a unha actuación ambiciosa de vivendas sociais en colaboración coa Xunta, “xa que en vez das 8 ou 10 que queren meter con calzador poderían levantarse unhas 30 ou 40 e iso si que sería un pulo importante nesta materia”.
E paralelamente, dado que a necesidade dun auditorio en Moaña é urxente e alá van dez anos de retrasos e incumprimentos do goberno do BNG, solicitan que se busque unha parcela de grandes dimensións e céntrica, “que as hai de sobra no noso concello” para construír un auditorio que teña alomenos 500 butacas, “que era o que reclamaba o Bloque, incluso con manifestacións e tildando de vergoña que non se alcanzara esa capacidade, e que agora se conforme cun edificio que é pouco máis que unha sala de concertos para apenas 380 persoas”.