O PP de Moaña lamenta outro episodio de “neglixencia recoñecida” do BNG na obra dos campos de keniata e agarda que se cumpra o novo prazo tras o reiterado incumprimento
Mércores, 8 de outubro de 2025.
O grupo municipal do PP de Moaña vén de lamentar outro episodio de “neglixencia recoñecida” por parte do goberno local na obra dos campos de keniata de Reibón e Seara, que seguen sen rematarse malia incumprirse o compromiso de que estarían para comezo de curso e que van superar tamén o seu prazo de execución ao tempo que veñen de descubrirse diversas eivas e deficiencias que van retrasar aínda máis o seu remate.
Os populares, que se interesaron por este asunto no seo da comisión informativa, calificaron de “inadmisible” que o executivo municipal descubra agora problemas no terreo -derivados dunha filtración de area que obriga a facer un recebado- e tamén detectase a presenza de tubarías e cables na zona de cimentación dos postes das portarías.
“Dous meses despois de comezar a obra, con todo levantado desde hai moitas semanas e coa actuación paralizada gran parte deste tempo, agora danse conta de que non poden acabala porque hai moitas cuestión sen resolver”, lamentou o voceiro municipal, Alfonso Piñeiro, que agarda que se cumpra o novo prazo de remate, previsto para finais do presente mes, tras os reiterados incumprimentos por parte do BNG, que primeiro dixo que estarían para o inicio de curso e despois aferrouse ao prazo de execución que remata esta semana, pero que non foi capaz de cumprir en ningún caso.
O concelleiro popular, que criticou que esta situación estea a prexudicar ás comunidades educativas xa que os alumnos están aquilatados nos patios malia que fai unha boa climatoloxía nestas semanas, revelou que algún responsable educativo protestou polos adiamentos, “pero o Bloque fai coma sempre e aplica a lei do embude, xa que as cousas dos demais son gravísimas e para as constantes meteduras de pata súas pide comprensión”.
Mentiras e desinformación do BNG
Así, e malia as “mentiras e a desinformación” por parte do BNG na comisión e en todo o relacionado con este asunto, semella que o céspede xa está listo e gardado nun almacén de Madrid, polo que, a falta de que se acometan estas reparacións, podería estar listo en dúas ou tres semanas. En todo caso, os populares dubidan moito deste compromiso, posto que a empresa adxudicataria estivo a priorizar outras obras durante este tempo en vez de Moaña, o que provocou estes retrasos coa connivencia do BNG e que se tardara tanto en descubrir as eivas existentes.
Finalmente, Alfonso Piñeiro alertou de posibles problemas no futuro nestes campos de fútbol-7 de Reibón e Seara cando se remate este proxecto de acondicionamento, xa que lembrou os malos precedentes da empresa adxudicataria, que xa tivo que acometer catro reparacións en fase de garantía na actuación que fixo con anterioridade en O casal.