O PP de Meis celebra o seu Pincho de Nadal con máis dun cento de asistentes

Meis, 21 de decembro de 2025.

O PP de Meis celebrou esta fin de semana o seu tradicional Pincho de Nadal, que estivo encabezado pola voceira municipal, Marta Lucio, e reuníu a máis dun cento de simpatizantes, militantes e colaboradores.

Os populares deste municipio do Salnés estiveron arroupados pola secretaria xeral do PP Provincial, Luisa Piñeiro, o deputado nacional Juan Bayón, o parlamentario galego Raúl Santamaría e o deputado provincial Javier Tourís, entre outras autoridades.