O PP de Gondomar celebra a súa Comida de Nadal con 300 asistentes
Sábado, 6 de decembro de 2025.
O PP de Gondomar celebrou nesta ponte da Constitución a súa tradicional Comida de Nadal, que reuníu a preto de 300 persoas para compartir un cocido, felicitarse as festas e poñer en valor o gran traballo realizado pola formación liderada por Paula Bouzós ao longo do presente ano.
O ágape contou coa presenza do presidente provincial e da Deputación de Pontevedra, Luis López; a secretaria xeral provincial, Luisa Piñeiro; a deputada nacional Irene Garrido; o parlamentario galego Julio García Comesaña; e a senadora e alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.
Na quenda de intervencións, Luis López puxo en valor a «fortaleza e unidade» do PP gondomareño e convidou aos asistentes a seguir facendo medrar o proxecto para que a clara alternativa de goberno se plasme nunha realidade nas próximas eleccións municipais de 2027.