O PP de Fornelos anuncia o cambio do proxecto de reforma da contorna do parque infantil para manter a única zona verde da vila grazas ao seu traballo e á mobilización dos veciños

Xoves, 13 de novembro de 2025.-

O traballo do grupo municipal do PP de Fornelos de Montes e a mobilización dos veciños conseguíu finalmente salvar a única zona verde da localidade, posto que o goberno local pretendía formigonala por completo nun proxecto de reforma desta contorna do parque infantil. Non obstante, as constantes solicitudes do PP, incluíndo un pleno extraordinario no que se esixía a modificación desta actuación, e a implicacións dos fornelenses, que incluso emprenderon unha campaña de recollida de sinaturas, conseguiron que o goberno socialista dese finalmente o seu brazo a torcer a anulase a pavimentación de todo este espazo.

Os populares revelaron que o executivo de Emiliano Lage procedeu a mudar o proxecto, aínda que ás agochadas e sen dar información á cidadanía, para paliar o forte malestar social e substituíu o formigonado por un paseo de lousa de pedra morena que unirá os distintos espazos e tepes de herba.

“O goberno local só acerta cando rectifica, aínda que lle custe, pero finalmente cedeu á presión social e ao sentido común malia que durante todos estes meses, desde o pleno extraordinario que impulsamos en abril, resistíuse a facelo e incluso pechouse en banda, pero damos por bo o noso traballo e, sobre todo, o dos veciños, para salvar a zona verde da nosa vila”, maniefstou a voceira, Antía Rodríguez.

O PP de Fornelos, que pedíu específicamente reverter “un despropósito”, lembrou que o proxecto inicial do alcalde prexudicaba á imaxe e confortabilidade desta contorna de lecer e ademais ía xerar un problema de sobrequecemento durante o verán que impediría o uso deste espazo de convivencia, especialmente dos máis cativos. E todo elo co agravante de ademais se trata dun investimento moi importante, de 331.582 euros dos que 281.845 van ser financiados pola Deputación co Plan Extra, “polo que, máis alá de que sempre pensamos que hai necesidades máis urxentes en Fornelos, consideramos que polo menos debería aproveitarse con criterio e responsabilidade para non dilapidar todo ese diñeiro”.

“Dixemos en abril que seguiríamos insistindo en que se rectificase este proxecto erróneo polo ben dos veciños e de Fornelos e así o fixemos todo este tempo, polo que consideramos positivo que finalmente se opte por unha solución arquitectónica na que se prioriza a zona verde e que é máis acaída e respectuosa coa contorna dun concello rural coma o noso”, concluíu Antía Rodríguez, que quixo destacar e agradecer o “papel fundamental” dos veciños “coa súa implicación e preocupación para manter esta única zona verde do casco urbano”.