O PP de Forcarei denuncia cobros indebidos do SAF básico pola aplicación da revisión de prezos, cun 37,5% máis, de xeito retroactivo e ilegal desde o pasado setembro

Forcarei, 26 de xuño de 2025.-

O grupo municipal do PP de Forcarei vén de denunciar que o Concello está a realizar cobros indebidos e irregulares do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) básico de libre concorrencia pola aplicación da revisión dos seus prezos por hora, cun 37,5% máis, de xeito retroactivo e ilegal desde o pasado setembro malia que no quedaron aprobados ata o pleno do pasado 14 de marzo.

Por elo, os populares revelan que estas novas taxas, a modo de copagamento, pasaron de 17,60 a 24,20 euros por hora para a citada atención domiciliaria de libre concorrencia e os usuarios teñen que pagar un 6,05 euros fronte aos 4,40 euros do contrario anterior, o que supuxo preto dun 40% de carga a maiores para os beneficiarios.

Sen embargo, o Concello está a cobrar estes novos prezos cunha aplicación retroactiva desde o pasado mes de setembro, que foi cando se decidiu a prórroga do contrato vencido, malia que non se aprobou ata o pleno de marzo de 2025, que foi cando a empresa se plantou e ameazou con deixar o servizo se non se subían os prezos, cousa que sucedeu grazas á abstención do PP.

“Íamos quedar sen servizo e actuamos con responsabilidade, non como fixo no seu día a actual alcaldesa que só contribuíu a rebentar o servizo co goberno anterior, pero o que é inadmisible é que se apliquen os novos prezos durante seis ou sete meses nos que non estiveron aprobados, porque é rotundamente ilegal”, sinalou a voceira municipal, Belén Cachafeiro.

Por elo, o PP forcaricense vai reclamar no pleno, previsto para a xornada de mañá, a devolución dos cartos cobrados indebidamente aos usuarios do SAF básico, xa que esta decisión “supón unha nova anomalía na xestión da alcaldesa co conseguinte prexuízo para os usuarios, que están a pagar de máis por algo que non debían, xa que a retroactividade nestas taxas é rotundamente ilegal”.

Finalmente, alertaron de que, a este problema, vanse engadir novos problemas dentro de tres meses, xa que a prórroga outorgada por un ano vence o próximo mes de setembro e é a derradeira polo que faría falta a licitación dun novo contrato que non está sobre a mesa.