O PP de Cuntis reclama o arranxo urxente dos parques infantís e biosaudables ante o seu absoluto deterioro e un plan periódico de mantemento

Cuntis, 5 de xuño de 2026

O grupo municipal do PP de Cuntis vén de reclamar o arranxo urxente dos parques infantís e biosaudables de todo o concello ante o seu absoluto deterioro e mal estado tras anos sen un mantemento axeitado e tamén solicita a posta en marcha, tras estas reparacións, dun plan periódico para a súa conservación.

Os populares veñen de presentar unha proposta no pleno con esta petición, pero lamentaron que a mesma foi rexeitada polo goberno socialista de Manuel Campos malia as situacións de risco derivadas dos buratos no chan e o deterioro ou rotura dos elementos de xogo ou deportivos. “Tal e como están estas instalacións calquera usuario pode sufrir unha caída, unha lesión, unha ferida ou un rasconazo porque se atopan moi degradadas”, manifestou a voceira municipal, Isabel Couselo.

Entre as principais eivas, figuran falta de solo acolchado no parque da Praza da Constitución, presenza de moita ferruxe e elementos rotos nos biosaudables da contorna do río e eivas e deficiencias xeralizadas no resto de recintos existentes na zona rural.

Isabel Couselo calificou de “urxente” a execución dos arranxos dos principais desperfectos “que, por desgraza, son moitos tras anos e anos sen a mínima atención” e indicou que a continuación debía poñerse en marcha un plan periódico de mantemento “para evitar que se reproduza esta situación dentro dun tempo”. “Para nós é fundamental que, antes de emprender novas instalacións, se atenda axeitadamente ás que temos para que os veciños as poida empregar e non escapen delas polo seu mal estado”, aseverou, tras aclarar que pedirá tamén explicacións ao alcalde sobre o valado do parque da Praza da Constitución “como se fóra a facer obras de mantemento xusto despois de votar en contra da nosa proposta cunha absoluta desvergoña”.

Finalmente, a voceira popular anunciou que, desde o PP, vaise seguir esixindo a mellora e posta a punto dos parques infantís e biosaudables de todo o concello “porque o mantemento debe ser prioritario e non imos aceptar que faga unha chapuza mínima para lavar a cara e deixe o resto totalmente abandonado”.