O PP de Cuntis reclama a mellora do Campo de Fútbol da Ran e das demais instalacións deportivas como prioridade antes de emprender novos equipamentos

Cuntis, 10 de xaneiro de 2026

O grupo municipal do PP de Cuntis vén de reclamarlle aogoberno socialista, por segunda vez nas últimas semanas, a mellora integral do Campo de Fútbol da Ran e das demais instalacións deportivas do Concello, xa que considera que o seumantemento debe ser unha prioridade antes de emprender novos equipamentos. “Estamos a favor de que Cuntis teña un ximnasio público, pero antes diso cremos que os cartos da Deputación para a área de Deportes debe destinarse a arranxar os recintos que xa temos, que están en malas condicións tras bastantes anos de abandono”, advertíu a voceira popular, Isabel Couselo.

Neste senso, o PP cuntiense lembrou que o céspede artificial do estadio, empregado por centos de usuarios, moitos dos cales son nenos, esgotou a súa vida útil hai tempo e está a ocasionar lesións entre os xogadores. Así mesmo, engadíu que A Ran precisa dunhaampliación dos seus espazos e de diversas obras de modernización, unha cuestión que extende ao pavillón municipal e a outras instalacións deportivas.

Por iso, e dada a nefasta situación económica do Concello que impide un axeitadomantemento, a edil do PP cre que os 96.000 euros do III Plan Especial de InfraestruturasDeportivas (PEID) da Deputación deben priorizarse nas obras de mellora e conservación das instalacións existentes e, principalmente, no campo de fútbol.

En todo caso, a voceira municipal quixo deixar claro que está a favor de que Cuntis contecun ximnasio municipal, xa que ademais carece de oferta privada nesta materia, pero considera que o proxecto anunciado polo alcalde, Manuel Campos, “está totalmente errado tanto pola ubicación como pola falta de financiamento, xa que os 96.000 euros da achegaprovincial non serviría nin para empezar” e cre que dita iniciativa “responde máis a unhanecesidade electoral súa que a atender as demandas dos deportistas polo actual estado das instalacións existentes”.

Así, e tras recalcar que a súa formación tamén aposta por un ximnasio municipal, lamentoua elección gubernamental do emprazamento no antigo matadoiro, xa que estima que non cumpre cos requisitios necesarios para dispoñer dunha instalación digna pola súa escasa superficie, a súa complexa ubicación e a falta de espazos de aparcamento.