O PP de Cuntis acusa a Manuel Campos de levar o concello á ruina obrigando por riba aos veciños a que teñan que asumir cos seus cartos a súa nefasta xestión
Cuntis, 14 de xullo de 2025.-
O grupo municipal do PP de Cuntis lamenta unha vez a situación económica na que está inmersa o Concello, e acusan ao alcalde a levalo á ruina obrigando por riba aos veciños a que teñan que asumir cos seus cartos a súa nefasta xestión, xa que mañá tense convocado un Pleno para aprobar o Plan Económico Financeiro, debido á extrema gravidade e á situación tan crítica na que se atopan as arcas municipais.
Isabel Couselo, amosou a súa preocupación pola completa deriva económica na que se atopa o concello de Cuntis, xa que esta aprobación do Plan Económico Financeiro é un paso previo a que o Concello poda ser intervido polo Estado debido á sua nefasta xestión. “Non paran de medrar as elevadas débedas do Concello e ademais están a incumprir a regra de gasto”, indicou a voceira popular.
Isabel Couselo lamentou que é unha mágoa que os veciños e veciñas de Cuntis teñan que estar nesta situación. “Imos cada vez a peor, van subir o IBI, o imposto de circulación, e por primeira vez van cobrarlle aos veciños o servizo “Cuntilin”, un servizo que sempre foi gratis para favorecer a conciliación e que agora debido á nefasta xestión do alcalde, os veciños van ter que aboalo. A todo isto, se suma que tamén subirás as cuotas das clases de música”, indicou.
A voceira popular denuncia a completa “irresponsabilidade” do goberno, cun “despilfarro sen control” como ocorreu na pasada Festa do Lacón con Grelos, no que se gastaron case 200.000 euros.