O PP de Catoira lamenta os 30 meses perdidos e de retrasos na rehabilitación das Torres do Oeste tras os recurtes no proxecto e esixe axilidade ao goberno local
Catoira, 25 de outubro de 2025.-
O grupo municipal do PP de Catoira vén de lamentar a xestión que está a facer o goberno local con respecto ao proxecto de rehabilitación das Torres do Oeste, xa que lembraron que, ata o momento, perdéronse os 30 meses do presente mandato por retrasos orientados exclusivamente a minguar o alcance da actuación e ademais a mellora desta emblemática contorna terá moitos recurtes con respecto ao proxecto deseñado polo anterior executivo da man dos populares.
Así, o PP criticou que este período de executivo nacionalista “só servise para deseñar unha actuación moito máis cativa”, posto que máis alá da necesaria rehabilitación da capela e das infraestruturas turísticas, “quedaron excluídas cuestións necesarias importantes como a estación marítima e os pantaláns, en definitiva, a conexión co río Ulla, que a ninguén se lle escapa que é preeminente neste espazo e tamén ten un papel fundamental na Romaría Viquinga”.
A formación liderada por Estefanía Frieiro resaltou que, ademais dos recurtes do BNG no proxecto, tamén se está a executar o mesmo cun ritmo administrativo desesperante, posto que adicaron 18 meses de mandato a pasar a tesoira a actuación e tampouco son quen de axilizar a súa execución despois de licitar a obra en marzo, adxudicala en xullo “e que esteamos ás portas de novembro agardadando polo seu comezo, tentando facer que fan algo ao dicir que a empresa está a organizar os traballos”. “E agora empezará a chover e dirán que teñen que aprazalos ando as obras poderían ter comezado no verán se o alcalde non estivese tan ocupado en criticar á Xunta por todo cando é precisamente o Goberno galego quen financia este obra cun orzamento de 420.450 euros”, apostillou a concelleira.
Por todo isto, Estefanía Frieiro solicitoulle axilidade ao goberno local, xa que o prazo de execución dos traballos é de seis, co cal, se comezan de inmediato, deberían estar listos no mes de abril, “pero ao ritmo ao que vai o BNG non vaia ser que non se rematen antes da Romaría Viquinga e esteamos co recinto en obras durante a festa”.
“Catoira perdeu unha gran oportunidade, grazas á aposta da Xunta polas Torres do Oeste, de remodelar e mellorar este espazo por completo e agora temos que conformarmos, por obra e graza do BNG, cunhas melloras cativas carácterizadas polos recurtes e os retrasos interminables”, concluíu Frieiro.