O PP de Catoira denuncia peches e problemas de paso no paseo fluvial polo casco urbano e úrxelle unha solución ao goberno local e a ADIF ante o seu deterioro

Catoira, 29 de maio de 2026.-

O grupo municipal do PP de Catoira vén de denunciar a existencia de novos problemas no paseo fluvial, desta volta nas inmediacións do casco urbano, polos peches de acceso e os problemas de paso, polo que úrxelle ao goberno local e a ADIF a necesidade de adoptar solucións efectivas, como a prometida e paralizada construcón dun paso elevado, ante estas novas carencias e tamén no que se refire á reparación dos importantes desperfectos para que cese o deterioro deste percorrido.

Os populares denunciaron que o Concello procedeu de súpeto á clausura do acceso situado á altura de Cedonosa cando sempre foi unha entrada habitual á senda marítima e lamentaron que esta medida non viñera acompañada do artellamento de ningunha alternativa para os veciños e usuarios.

Ademais, explicaron que esta situación obriga a acceder ao paseo fuvial pola zona da estación ou da depuradora, pero advertiron de que, cando hai marea alta, os puntos de paso desaparecen baixo ás augas e moitos peóns vense obrigados a dar volta pola imposibilidade de continuar polo trazado.

Ante esta situación, desde o PP local vén de esixirlle ao goberno nacionalista que se tome en serio dunha vez por todas a mala situación xeralizada do paseo fluvial e se dean solucións a todos estes problemas, posto que lembrou que este percorrido é dun dos puntos máis visitados de Catoira tanto por veciños como por visitantes. Neste senso, reclamaron que as actuacións necesarias para a mellora xeralizada do percorrido se fagan con urxencia antes da chegada do bo tempo, que é cando máis usuarios ten esta senda.

A voceira municipal, Estefanía Frieiro, lamentou que a xestión do paseo fluvial nestes tres anos de goberno do BNG está a ser “lamentable”, posto que esta infraestrutura se atopa “sen dúbida no peor momento da súa historia” polo abandono ou as medidas erradas implementadas polos nacionalistas. Así, indicou que aos problemas que xurden nesta instalación ao seu paso polo casco urbano, e que debería solventarse cunha negociación con ADIF, hai que engadir a rotura ou falta de elementos de madeira noutros puntos, as solución chapuceiras de seguridade coa instalación de cordas ou as deficiencias da malla anticaídas instalada hai un ano que está a provocar caídas e accidentes.