O PP de Catoira denuncia graves deficiencias de seguridade no paseo fluvial de Catoira apenas 15 meses despois da súa reparación e alerta de caídas e lesións de usuarios
Catoira, 23 de abril de 2026.-
O grupo municipal do PP de Catoira vén de denunciar a existencia de graves deficiencias de seguridade no paseo fluvial da localidade apenas 15 meses despois da súa reparación tanto no que se refire ao seu estado xeral, que ameaza con desplomarse en diversos puntos, como no propio percorrido e alerta de que xa se teñen producido caídas e lesións por parte de usuarios do mesmo.
Os populares explicaron que na contorna do clube de piragüismo o paseo abanea e semella estar a piques de desplomarse co conseguinte risco para os peóns, que é algo que tamén sucede noutros puntos, polo que lle reclama ao executivo de Xoán Castaño. Neste senso, lembraron que hai que ser moi dilixente con estes paseos, xa que hai uns poucos meses producíuse un tráxico accidente en Santander “que é algo que todos queremos evitar e o Concello ten que ser o primeiro en tomar medidas”.
Así mesmo, a formación liderada por Estefanía Frieiro tamén lamentou que a malla anticaídas instalada a finais de 2024 está a ser un “rotundo fracaso”, posto que se desfai polo uso dos peóns e polos efectos da humidade ao estar preto do río Ulla, que era algo que xa se prevía e que xa foi denunciado no seu día polo PP.
“Temos un goberno líder en presumir, pero que é colista en facer as cousas ben, porque esa malla metálica podrece e énchese de ferruxe polas choivas e a humidade do río en moi pouco tempo, algo que era fácil de adivinar sen ser un xenio”, manifestou a voceira popular, que reclama unha solución acaída para garantir a seguridade e evitar os esvaramentos sen poñer en risco aos peóns.
Neste senso, os populares revelaron que hai uns días unha usuaria enganchouse con esta rede nun punto no que estaba solta e sufríu unha caída que obrigou a derivala ao hospital polas lesións sufridas e indicaron que, dado o deterior da malla, é moi posible que esta situación se repite se non se subsana canto antes.
Finalmente, Estefanía Frieiro calificou de “inaceptable” que as obras realizadas polo executivo nacionalista “tendan a empeorar as infraestruturas”, polo que hai un dobre prexuízo, xa que se gastan cartos públicos e os equipamentos e servizos pasan a ser máis ineficientes. Así, reclamoulles dilixencia nas novas actuacións que pretenden acometer neste espazo tan emblemático da localidade.