O PP de Cangas abre unha nova etapa cunha Xunta Xestora presidida pola voceira do grupo municipal Dolores Hermelo

O Partido Popular de Cangas abre unha nova etapa coa pesentación da xunta xestora da formación que recolle o relevo na dirección da formación despois de varias décadas baixo o liderado do exalcalde popular José Enrique Sotelo que abandou a política a finais do pasado ano. Os populares cangueses, que estiveron a piques de alcanzar a maioría absoluta nas últimas eleccións municipais, obtaron por unha proposta de continuidade situando na presidencia á actual voceira municipal e diputada autonómica Dolores Hermelo co obxectivo de reforzar a súa oferta política á veciñanza cun equipo que combina persoas con presenza institucional e novas incorporacións.

No acto estivo o presendente provincial do PP, Luís López ‘Lugués’, acompañado pola secretaria xeral, María Luísa Piñeiro, e o actual conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez. O líder popular resaltou que a xunta xestora ten como reto no horizonte “impulsar o único proxecto político que ofrece unha alternativa real á veciñanza ao ‘desgoberno’ que mantén paralizada Cangas”. Tamén subliñou que “fronte os líos e polémicas dos actuais responsables municipais, o PP representa xestión e eficacia”. Por último, tivo palabras agradecemento e recoñecemento para o traballo e dedicación de Sotelo “para con Cangas e co partido durante moitos anos”.Deste xeito o PP provincial manifestou o seu aval á proposta do partido a nivel local e que será aprobada formalmente en vindeiras datas no comité executivo da formación en Pontevedra.

Pola súa banda, a nova presidenta da xunta xestora, Dolores Hermelo, destacou a variedade de perfís das persoas que compoñen o novo equipo que asume a responsabilidade de sacar adiante a actividade orgánica da formación e conformado por 19 persoas “unidad polo compromiso e amor por Cangas”. Entre os dez concelleiros que conforman o actual grupo municipal destacan

Rafael Soliño, edil desde o 2015, e que ocupará a secretaría xeral e exconcelleiro de Facenda, Pío Millán, que ocupa o posto de tesoureiro. A concelleira e diputada autonómica reinvindicou a figura de José Enrique Sotelo pola súa gran pegada nas infraestruturas, na cultura, no deporte ou nos servizos municipais. “Un legado que asumimos con orgullo” resaltou. “Sabemos que contamos con él e toda esa experiencia acumulada para sacar a Cangas adiante” engadiu.

Hermelo situou como principais desafíos afondar no labora de fiscalización da xestión do actual Goberno local, investigado pola presunta comisión de delitos graves entre os que destacan malversación e prevaricación e que levan perdidos ao redor de 600.000 euros en renuncias de axudas autonómicas para o desenvolvemento de iniciativas na localidade. Tamén marco como prioridade o traballar man a man co amplo tecido asociativo da localidad “ignorado polo BNG e os seus socios” coa finalidade de apoiar a posta en marcha de novos proxectos así como elaborar novas propostas para ser levadas a debate ao Pleno da Corporación. “Cangas non merece esta parálise” destacou, á vez que recordou que no mes de abril foi o único concello onde non baixou o desemprego “a pesar do efecto da Semana Santa” ao igual que será a excepción ao non ondear ningunha Bandeira Azul en ningún areal da vila.

“Levan dous anos sen facer nada a pesar de contar desde o ano pasado co maior orzamento en máis dunha década” reflexionou. “A veciñanza merece saber onde gastaron máis de 20 millóns de euros pechando o 2024 cun déficit de 1,5 millóns de euros” reclamou, “desde logo non foron a parar nin a novos servizos nin novas infraestruturas” engadiu. Hermelo animou ao presentes a seguir traballando para trasladar aos cangueses e canguesas “fartos das mentiras dos que municipalizan en campaña e privatizan nos despachos” a mensaxe de que “hai unha alternativa seria e responsable con propostas claras aos problemas reais do noso concello” rematou.