O PP de Cambados replícalle ao cuatripartito que o rexeitamento da RPT responde só aos desacordos entre os socios e responsabilízao do pésimo funcionamento do Concello
Cambados, 22 de xuño de 2026
O grupo municipal do PP de Cambados vén de replicarlle ao cuatripartito do goberno local que o rexeitamento plenario da Relación de Postos de Traballo (RPT), que xerou a enésima crise no seo do executivo, responde unicamente aos desacordos que manteñen constantemente entre eles e que teñen levado ao Concello ao actual clima de degradación e deterioro.
Ademais, os populares indicaron que, tras once anos dirixindo a administración loca, a única responsabilidade do pésimo funcionamento de todo o Concello, e principalmente dos departamentos de Urbanismo e de Servizos Sociais, débese á incapacidade do alcalde, Samuel Lago e do PSOE coa complicidade das demais forzas que conforman o goberno.
“Desde o pleno do pasado venres gardamos un silencio prudencial ante un novo episodio esperpéntico deste mal chamado goberno, pero non podemos tolerar que se nos acuse falsamente de tumbar nada. Nós non estamos de acordo nin coa proposta de RPT agás no caso de Servizos Sociais, nin cuns orzamentos patéticos nin con practicamente nada da xestión deste goberno, así que non imos votarlles a favor de que leven o Concello á destrucción. Pero onde teñen que buscar os votos que respalden este sendeus é nos mesmos 9 concelleiros que levantaron a man na investidura e que está protagonizando esta desfeita, polo que non deben errar o tiro e deben apuntar só aos concelleiros, concelleiro neste caso, que lles rebenta as súas políticas”, manifestou a voceira municipal, Sabela Fole.
Por iso, e tras lamentar as críticas de PSOE, Somos e BNG “porque é máis fácil enfrontarse ao PP que á persoa que lles deu os seus postos e soldos e ante a que se agochan dun xeito covarde e servil”, a concelleira popular quixo lembrar que, no caso do Departamento de Urbanismo, funcionaba “moi ben” cos executivos do PP “tal e como recoñecen todos os veciños”. Ademais, engadíu que o atasco actual, malia dispoñer de tres traballadores, débese exclusivamente á súa nefasta xestión, xa que revelou que o Concello de Vilanova, cun só técnico e moita maior carga de traballo, ten todos os expedientes ao día.
Ademais, recalcou, con respecto á figura do arquitecto, que segue no seu posto por decisión do cuatripartito, que lembrou que leva gobernando once anos e que, neste tempo, optou por non consolidar a praza do asesor xurídico para eliminalo porque non querían contar con el.
Finalmente, Sabela Fole calificou de “cachondeo para rirse dos veciños” de que as forzas de esquerda falen de pinza entre o PP e José Ramón Abal, “xa que non estamos de acordo con el absolutamente en nada”, polo que lle pedíu aos socios que, xa que non saben xestionar o Concello de Cambados, “polo menos que actúen con dignidade”. “Critican a Abal, pero fano coa boca pequena, porque se todas as diverxencias foran tan terribles, ou pedirían o seu cese ou marcharían para non compartir goberno con el, pero se limitan a dicir, unha e outra vez, ante cada desplante, que é un punto de inflexión, pero a realidade é que son palabras baleiras sen ningún efecto de concelleiros que tragan con todo”, concluíu.