O PP de Cambados lamenta que a perda dos 429.000 do Plan Extra para o skate park sexa a “pingueira que desborda o vaso” da xestión “catastrófica” do cuatripartito

Cambados, 19 de marzo de 2026.-

O grupo municipal do PP de Cambados vén de lamentar unha nova perda dunha axuda económica procedente doutra administración pública por parte do cuatripartito tras quedar sen os 429.000 euros do Plan Extra da Deputación de Pontevedra para o skate park “por un incumprimento flagrante das bases” e cre que esta episodio é a “pingueira que desborda o vaso” da xestión “totalmente catastrófica” do goberno de Samuel Lago.

Os populares revelaron que, malia as excusas do executivo e o intento infantil de culpar á Deputación, esta circunstancia non é nova no Concello, xa que deixáronse escapar máis de 3,5 millóns de euros neste mandato de administracións de todas as cores políticas: “Perderon cartos para Burgáns, o plan Xoubiña, as prazas de Fefiñáns e Rodas, a senda de Suarosas, o auditorio… perderon cartos do Goberno de España, da Xunta e da Deputación, polo que só estamos ante a triste constatación dun mandato totalmente perdido para Cambados e de que padecemos un goberno incapaz”.

A voceira municipal, Sabela Fole, ironizou con que o Concello tivo “mala sorte” por ser un dos dous concellos da provincia que quedou sen Plan Extra, algo que lembrou que xa pasou baixo os mandatos provinciais de Carmela Silva co ReacPon e con PON2030 “aínda que daquela tiñan moitas máis posibilidades porque nin sequera presentaron proxectos alegando falta de fondos”.

“Estamos ante un goberno que non concorrer ás convocatorias, cando concorre faino con proxectos mal elaborados e incompletos, cando lle dan as axudas pérdeas por non executalas, que ten problemas coas licitacións e contratacións e volve perder os cartos, e ademais pásalle con administracións gobernadas polo PSOE e polo PP, polo que non estamos ante ningunha cacicada, estamos ante algo que tristemente en Cambados é habitual e por iso somos o concello da provincia co récord de axudas e subvencións perdidas desde 2023, manifestou a concelleira popular.

A edil do PP, que anunciou que o seu grupo estuda pedir a asunción de responsabilidades políticas no seo do goberno local, criticou ademais as innumerables excusas e intentos de xustificación tanto do alcalde Samuel Lago como do concelleiro José Ramón Abal sobre unha suposta falta de chamadas da Deputación ou, incriblemente, pedíndolle ao organismo provincial que prevarique para concederles a axuda malia incumprir as bases por presentar un orzamento 21.000 euros inferior ao mínimo esixido.

“É un pouco infantil a estratexia de matar ao mensaxeiro e, coma sempre, non facer un mínimo de autocrítica e pedirlle perdón aos cambadeses. Porque, segundo eles, este goberno faino todo ben, pero ten ao mundo enteiro en contra, que é a única razón que esgrimen para perder unha axuda tras outra. Porque desta volta todo era tan sinxelo como ler as bases e ver que o investimento mínimo era de 450.000 euros, polo que se presentas un proxecto de 429.000 está claro que vas queda fóra”, significou a voceira.

Finalmente, Sabela Fole, que di que esta xestión é incompatible con “estar todo o día chorando” con que non teñen cartos, xa que cando llos ofrecen non son quen de collelos, advertíu ademais que houbo “un cambio de estratexia ditado por Alberto Varela”, xa que o primeiro día, tras coñecerse a resolución, o alcalde cambadés dixo que non sabía nada xa que o tema o levou en exclusiva José Ramón Abal “e agora colleu o argumentario vilagarcián de facerse a vítima que é o único que lle ofrece aos veciños”.