O PP de Cambados denuncia que a vila está chea de suciedade, cos contedores desbordados polo lixo e un cheiro insoportable cinco días despois da Festa do Albariño
Cambados, 8 de agosto de 2025.-
O grupo municipal do PP de Cambados vén de denunciar que a vila presenta un enorme grao de suciedade e abandono cando xa pasaron cinco días desde que rematou a Festa do Albariño, xa que as rúas están cheas de residuos e coa pavimentación asquerosa, os contedores seguen desbordados polo lixo na maioría de puntos da localidade e o cheiro segue a ser insoportable en practicamente todo o casco urbano.
Os populares consideran que, ante estes feitos, e cando se está ás portas doutra fin de semana, o plan de limpeza deseñado polo cuatripartito, o persoal contratado e os baldeos realizados demóstranse “claramente insuficientes para que Cambados recupere canto antes a súa normalidade” e lamentou a mala imaxe e a insalubridade que presenta o casco urbano.
Ante esta situación, e tras criticar a mala xestión da limpeza tras esta edición 2025 do Albariño, o PP cambadés quere instar ao goberno local a que acelere canto antes esta actuación de limpeza exhaustiva, “xa que dá a sensación de que deron por rematadas estas tarefas e a situación está moi lonxe da que debe presentar a nosa vila e máis cando, segundo apuntan as previsións meteorolóxicas, vai seguir facendo moita calor, o que acrecenté os cheiros, e non vai acudir ningunha choiva salvadora que lles faga a metade do traballo”.
A voceira municipal do PP, Sabela Fole, lembra que as queixas pola suciedade “son xeralizadas e crecentes, xa que se extenden a todas as épocas do ano, porque só hai que falar cos veciños ou mirar as redes sociais para ver como arrecia o abandono e a presenza de lixo na vila”. Sen embargo, a concelleira popular considera que o post-Albariño deste ano “está a ser o colmo, porque pódese entender que tarden un día ou dous en poñer todo en condicións polas propias características e afluencia da festa, pero é inadmisible que se extenda tanto no tempo e que ademais deran a limpeza por rematada”.
“Hai que vaciar os contedores dunha vez por todas, hai que contratar máis persoal se é necesario e hai que facer baldeos en serio, durante máis tempo e con sistemas de auga a presión, porque a imaxe é moi mala, non hai case onde depositar unha bolsa de residuos e, aínda por riba con esta calor, o cheiro é nausebundo”, concluíu.