O PP de Cambados denuncia graves problemas no alumeado público con zonas sen iluminar e farolas danadas e lamenta a falta de recursos e as solucións chapuceiras
Cambados, 28 de febreiro de 2026
O grupo municipal do PP de Cambados vén de denunciar a existencia de graves problemas no alumeado público con importantes zonas sen iluminar, principalmente a de Castrelo, e con farolas danadas que non poden ser reparadas por falta de recursos, que é unha situación que enmarca na política de recurtes emprendida hai un ano polo cuatripartito.
Os populares revelaron que a recta de Castrelo viuse beneficiada hai algo máis de dous anos polo cambio de luminarias a Led, pero todas as bombillas fundíronse xusto despois do prazo de garantía e zona estivo dous meses sen alumeado despois do Nadal “porque no Concello non hai nin diñeiro para bombillas”. Ademais, indicaron que nesta mesma contorna hai lugares con vivendas que levan máis de dous anos sen iluminación.
Por outra banda, en pleno centro urbano tamén se está a producir unha situación surrealista pola pérdida ou roubo das caixas inferiores das luminarias, que foron cubertas por bolsas de plástico pegadas con cinta aislante “nunha solución máis propia de Pepe Gotera e Otilio que dun Concello como Cambados e que reflicte tristemente a situación das arcas municipais”.
Ademais, e pola falta de fondos e a política de recurtes, o PP cambadés indicou que as solucións chapuceiras tamén se extenden ao cambio de bombillas dunhas farolas a outras segundo vaian ou se intensifiquen as reclamacións veciñais. “Aquí desvístese a un santo para vestir outro movendo as bombillas para alumear unhas zonas deixando outras a escuras”, lamentou a voceira municipal, Sabela Fole.
A concelleira popular advertíu de que a situación á grave, posto que na actualidade hai numerosas incidencias eléctricas abertas na rede municipal sen visos de solución pola falta de fondos derivada da malísima xestión económica do cuatripartito: “Bombillas que viaxan polo concello para ir aguantando o cabreo da xente e bolsas de plástico ao pé das farolas para que ninguén meta a man nas caixas son as solucions que propón o cuatripartito para o alumeado Ese é o triste nivel ao que nos levou este goberno que puxo como imaxe de Cambados unha bolsa de Alcampo pegada a unha luminaria a carón de Fefiñáns”.
Finalmente, Sabela Fole cre que este terrible deterioro municipal é froito “dun executivo que non goberna, que simplemente intenta sobrevivir, pero ao que se lle caen as costuras tras 32 meses arrastrando os pés” e clamou por unha solución global, seria e con recursos económicos para o alumeado público “máis alá de ir facendo parches e chapuzas coas que rozamos o ridículo e que agravan o estado dos servizos públicos e do rescate que nos vai facer a Deputación co envío de 53.000 euros”.