O PP de Cambados acusa a José Ramón Abal de “mentir e incumprir os seus compromisos”, xa que no seu programa recollía a baixada do IBI ao 0,4 e agora confórmase coa conxelación

Cambados, 13 de setembro de 2025.

O grupo municipal do PP de Cambados vén de acusar ao concelleiro de Obras, José Ramón Abal, de “mentirlle descaradamente aos veciños, fallarlle aos seus votantes e incumprir os seus compromisos”, xa que agora xáctase de que a súa postura vai orientarse a manter conxelado o Imposto de Bens Inmobles (IBI) de Urbana en vez de apoiar a suba do 35% promovida polo alcalde, Samuel Lago, pero no seu programa electoral recollíase explícitamente a baixada do tipo deste tributo ao mínimo legal, do 0,40, para favorecer a revitalización económica do concello.

“Saír agora de campión dicindo que grazas a el non se sube a Contribución é dunha desfachatez extrema, xa que Cambados Pode foi o único partido que concorreu ás eleccións de 2023 prometendo a baixada do IBI, así que o que tiña que facer era pedir perdón. Porque ademais disto, os seus famosos 14 puntos ineludibles para o pacto de goberno tamén vanse incumprindo e caendo practicamente un detrás doutro”, lamentaron os populares.

Ademais, desde o PP lle informaron ao edil independente de que “non ten excusas para o seu cambio de criterio amparadas na súa soidade e na imposibilidade aritmética de acadar unha maioría para baixar o IBI como prometeu”, xa que lembraron que pode promover esta redución fiscal desde o goberno cuatripartito ao que pertence e ten opcións de sacala adiante con 9 votos da maioría absoluta do pleno se a negocia “porque sempre estamos abertos ao diálogo”.

“Nós non dicimos que vaiamos apoiar unha redución do tipo do IBI, pero tampouco nos pechamos en banda se se cumpren outras cuestións que levamos poñendo bastante tempo enriba da mesa, como é o incremento dos ingresos municipais a través da xestión do urbanismo, que permitiría que a xente puidese acceder a unha vivenda, algo moi necesario, e tamén aumentar a recadación a través do ICIO e do IBI dos noso fogares”, apostillaron desde o PP.

Os populares tamén replicaron outros dos fitos dos que presume o concelleiro de Cambados Pode, como o mantemento de gastos de persoal, “que levaron ao noso Concello ao colapso e á desatención aos veciños, especialmente en Urbanismo e Servizos Sociais, e que agora estase revertindo contra o suposto criterio de Abal con novas contratacións e concursos porque a situación é insostible”. E tamén engadiron a súa esixencia de que non houbese gabinete de prensa para, supostamente, reducir gastos, “cando todo o mundo sabe en Cambados que isto é mentir e que hai gabinetes e hainos multiplicados aínda que actúen soterradamente”.

Finalmente, e contra este cambio de postura de Abal co IBI, o PP quixo poñer en valor que “somos a única formación que, ademais de ser a máis representativa de Cambados, está a manter os seus argumentos, coherencia e traballo durante todo o mandato”. Pero ademais, admitíu que “é certo e matemáticamente demostrable” que o edil independente está no epicentro da política local, xa que o seu único voto sempre é decisivo, pero pola contra engadíu que “precisamente esta circunstancia está a ser o principal problema de Cambados nestes anos e calve no seu deteriorp e decadencia, porque non se pode facer política nin dun lado nin doutro e todo queda exclusivamente ao capricho dunha persoa soa que, non o esquezamos, pertence ao quinto partido do municipio”.