O PP de Caldas denuncia o escurantismo do goberno local e a súa complicidade co trazado da Variante Oeste ante o derrubo de varias casas e graves afeccións a moitas outras
Caldas de Reis, 7 de agosto de 2025.
O grupo municipal do PP de Caldas de Reis vén de denunciar o “triste escurantismo” do goberno local con respecto ao trazado proposto polo Ministerio de Transportes para a Variante Oeste das estradas N-550 e N-640 e a conexión do porto de Vilagarcía ca AP9, e ademais lamentaron a súa complicidade co mesmo, aínda que admitiron en pleno que non é a mellor alternativa, malia que supón o derrubo de varias vivendas e ocasionará graves afeccións en moitas outras.
O voceiro popular, Fernando Pérez, criticou que o alcalde, Jacobo Pérez, estea ocultando unha proposta de percorrido “moi lesiva” para as parroquias de Saiar, Godos e Santa María e agoche de xeito reiterado o prazo de información pública e presentación de alegacións a este estudo informativo do Goberno de España, que remata o próximo 18 de agosto.
“No canto de estar facilitando información constante aos veciños, teñen esta iniciativa agochada nun caixón e desenvolven unha política marcada polo absoluto silencio, cando tiñan que estar facendo todo o contrario porque podería ser un punto de non retorno para destrozar o noso municipio”, salientou o concelleiro.
O edil do PP contrapuxo esta actitude coa do Concello de Portas, que xa celebrou unha reunión informativa sobre este proxecto coa veciñanza na primeira semana de exposición pública e brindouse a asesorar aos afectados na presentación de reclamación, e lamentou que “en Caldas xa se vai tarde porque apenas quedan once días co absoluto pasotismo do goberno local, que sabe que é un trazado nefasto que vai traer moitos problemas, pero que prefire non molestar aos seus compañeiros socialistas de Madrid que defender aos veciños de Caldas”.
Fernando Pérez, que advertíu que ante esta situación o PP vai liderar a defensa dos dereitos dos veciños e do territorio de Caldas, cre que esta proposta de trazado por parte de Transportes “é un castigo ao noso concello, xa que o propio bipartito recoñeceu no último pleno que non é o máis acaído”.
Tras as preguntas no pleno de este martes 5 de agosto e a ameaza de que de non facer una Xunta de Voceiros e unha reunión convocando a todos os veciños, especialmente os de Godos, Saiar e Santa María, solicitaríamos un pleno extraordinario monográfico, e faríamos nos a reunión cos veciños, o Alcalde comprometeuse a facer xunta de Voceiros e una reunión informativa para os veciños con convocatoria pública antes de que remate o prazo de alegacións.
En todo caso, o voceiro municipal admitíu que ten “moitas dúbidas” de que o PSOE vai executar, desde o Goberno de España, esta obra, “xa que os feitos de todos estes anos demostran que nos teñen abandonados e non invisten nin un euro en Caldas malia que xa anunciaron, tanto o Alcalde como o subdelegado do Goberno, dúas veces a mellora da N-640 cun asfaltado e que nin sequera fan as mínimas tarefas de conservación”, así como a falla de luz na N640 na rotonda de San Simón, o abandono a maleza das beirarrúas, ou o lamentable estado de conservación no que se atopa a ponte da Herrería na N550, entre outras moitas deficiencias. Pero aínda así, cre que é necesario tumbar ou modificar este trazado, “xa que se pasa o estudo informativo quedaría consolidado e logo sería moi difícil de reverter para cando se proceda á súa execución no futuro”
Nos dende o Partido Popular de Caldas de Reis seguiremos a esixir o Ministerio que se remita a proposta de trazado aprobada por unanimidade no Pleno do Concello de Caldas de Reis fai uns anos.
Brindámonos dende calquera canle de comunicación a facilitar toda aquela información de este proxecto que poidan precisar os veciños, ven no noso email info@ppcaldas.es ou no teléfono e whatsapp 62122620.