O PP de Arbo
celebra o seu Xantar
de Nadal
con máis de
150 asistentes
Arbo, 21 de decembro de 2025.
O PP de Arbo celebrou esta fin de semana o seu tradicional Xantar de Nadal, que estivo encabezado polo alcalde e presidente da agrupación local, Horacio Gil, e reuníu a máis de 150 simpatizantes, militantes e colaboradores.
Os populares deste municipio da Paradanta estiveron arroupados pola secretaria xeral do PP Provincial, Luisa Piñeiro, a deputada nacional Irene Garrido e o parlamentario galego Julio García Comesaña, entre outras autoridades.