O PP DE AGOLADA PROPÓN A LUIS CALVO QUE POÑA EN MARCHA UN SERVIZO DE INFORMACIÓN E ASESORAMENTO PARA A TRAMITACIÓN DAS AXUDAS AOS AFECTADOS POLOS INCENDIOS FORESTAIS
Agolada, a 30 de agosto de 2025
O Partido Popular de Agolada ven de dar a coñecer que no vindeiro pleno do Concello de Agolada plantexará unha moción de caracter constructivo a modo de Plan de apoio e recuperación das áreas afectadas polos lumes principalmente as parroquias de O Sexo, Agra, Baiña e Berredo.
Os populares plantexaran varias liñas de actuación entre as que destacarán as seguintes:
1.- Proporan a Luis Calvo que habilite un servizo de información, apoio e asesoramento para os afectados polos incendios para facilitarlle os trámites que lle permitan acceder as axudas que esta poñendo en marcha a Xunta de Galicia. Estas axudas destinadas as vítimas dos lumes estarán dispoñibles dendê o luns e os populares recordan que as haberá para vivendas danadas, explotacions agrarias ou gandeiras perxudicadas, negocios asentados nas areas queimadas e mesmo para o propio ente municipal. A voceira dos populares Carmen Seijas vé vital que o concello facilite esta labor “ non podriamos perdoarnos que calquera veciño que veña de sufrir esta desgracia non acceda as axudas que lle corresponden por un mal asesoramento”. Seijas cree que hai xente entre os propios funcionarios que “ ben poderiam facer esta labor e sem custe algun, pero si houbera que facer unha contratación externa estaría mellor xustificada que outros desvarios vistos ata agora”.
A voceira popular insta dende xa ao alcalde a poñer esto en marcha, “ que non espere pola moción, sabemos que a Xunta o vai convocar como a outros alcaldes para explicarlle cal é a situación e cales son as axudas, esperamos que estes a altura, e facilite a tramitación a veciñanza”.
2.- Os populares tamen engadirán outras medidas a moción tales como un plan de axuda a reforestación do monte queimado. Poñen como exemplo o programa de “50.000 arbores mais”, do veciño concello de Lalín. “ Se ben o de Lalín e pagando parte os veciños e principalmente con frutáis, proporemos un reparto maiormente gratuito de frondosas autóctonas a propietarios do monte nas áreas queimadas como medida de reforestación co fin de recuperar as áreas dendê o punto de vista ambiental”.
3.- Seijas tamen pretende incorporar ao Plan “ charlas e talleres informativos “, para promover as explotacions gandeiras en extensivo, “ cremos que esta información pode animar a dar o paso cara a un modelo produtivo que hoxe por hoxe é e pode ser rentable en clave económica, algo vital para apostar por este nicho de negocio, e o tempo tratase dunha actividade resiliente aos incendios”.
Os populares tamén fan fincapé na sua aposta porque na zona se acaben decretando as concentracions parcelarias que recentemente tiveron o visto bo a sua viabilidade logo do preceptivo e vinculante estudo de incitación, e indican que seguirán traballando para ter en breve boas novas acerca do inicio das mesmas.