O PP de Agolada pregúntalle ao BNG se os veciños que acudiron ao parlamento a reivindicar as parcelarias eran todos eles coñecedores de que a iniciativa e o convite partía do seu partido

Agolada, a 14 de novembro de 2025.-

O Partido Popular de Agolada sae ao paso das declaracións feitas polo BNG, onde se afea que a Conselleira de Medio Rural anunciara no Magosto do PP, celebrado a pasada semana, o próximo decreto de 2 das 3 zonas de parcelarias demandadas pola veciñanza dende fai anos.

O PP amosa a súa sorpresa, xa que indica que a Conselleira “non dixo nada que non sexa xa un secreto a voces, que as parcelarias se van a decretar porque se está facendo un moi bo traballo técnico e político para elo, e aclarar que isto é o que leva ao avance e non o emprego político e as algaradas que constantemente crea o BNG para facer que fai”.

Os populares non entenden a que ven tanta ansia para apuntarse o mérito do Decreto “parece que lle vai a vida niso”, cando o importante é seguir traballando para que non só se chegue a esa Declaración de Utilidade Pública, senón estando de apoio á veciñanza e á Xunta para que despois se contraten rápido os traballos e se fagan as cousas ben para que sexan o mais áxiles posible. “A verdade, parece que é unha carreira de fondo a que ultimamente ten o BNG por gañar medallas e mesmo parece que son os que primeiro queren que os veciños lle recoñezan un mérito dun traballo que está feito, pero o importante é seguir, unha parcelaria acaba coa entrega dos títulos e para iso queda moito choio, a ver se se van a desfondar”, afirman con sorna os populares.

Pregunta se os veciños eran coñecedores de que o BNG xestionou a visita ao Parlamento

A voceira dos populares Carmen Seijas, afirma directamente ao BNG se son eles os que están tratando de politizar as parcelarias e pregúntalle de xeito directo, “se todos os veciños eran coñecedores de que a visita de fai unhas semanas ao Parlamento esta orquestrada polo seu grupo”. Seijas indica que lles consta que nin o BNG nin os principais directivos da Asociación explicaron que a visita ao Parlamento de Galicia para interceder polas parcelarias era un convite do BNG para reforzar unha pregunta parlamentaria da deputada dezana Ariana Fernández, “cónstanos que moitos dos veciños alí presentes non sabían que isto era un tema promovido polo BNG, e mesmo se sorprenderon cando toda a cúpula local e galega do partido nacionalista subiu ao Estrado para sacarse unha foto con eles e empregala no seu beneficio político, isto si que é grave, e deberían aclarar tanto eles como algún do directivos da Asociación se foi feito de xeito consciente ou se se trata dun erro”, afima Seijas