O PP DE AGOLADA PREGUNTALLE A LUIS CALVO QUEN SE CREE PARA ESIXIR LEALDADE INSTITUCIONAL CANDO EL NON A OFRECE
Agolada, a 26 de setembro de 2025.-
A voceira dos populares de Agolada Carmen Seijas sae ao paso das declaración de Luis Calvo queixando da asistencia do Deputado provincial Javier Touris ás instalación da piscina sen invitar ao Goberno municipal.
Seijas indica que non entende porque se molesta cando no seu vídeo colgado en RRSS a mais puro estilo Nicolas Maduro, el indica que non acudirá a ningún acto onde vaian políticos da deputación. Así mesmo dille ao Alcalde que é incrible que solicite o que non ofrece, e avísao que no vindeiro pleno lle preguntará se convidou a algún membro da deputación a inaugurar a piscina cando a obra foi financiada con recursos da deputación provincial, “ el queixase de que non o chaman, e primeiramente saltase convidar a administración que financia as obras a nin tan sequera velas”.
“Luis Calvo é a representación máxima da deslealdade, no informa de nada a corporación, non convida a ningún acto no cal o Concello participa, e incluso lle recordamos que chegou a ocultar unha invitación da Garda Civil para celebrar o dia da súa patroa que se enviou para nos e da cal non dou traslado, e agora ven a falar de lealdade? O deputado non veu visitar nada no que non participara o seu goberno”, apunta Seijas.
Cortina de fume
O PP indica que toda esta pataleta non é mais ca unha cortina de fume para que os veciños non fale do importante, “onde esta o asesoramento municipal para tramitar as axudas ao afectados polos lumes?, onde está o apoio a comisión de festas a quen deixou tirados?, onde está a convocatoria do Pleno Ordinario que unha vez mais non se celebra en prazo ou a aprobación da conta xeral?… so se adica a posturear”, din os populares.
Seijas apostilla que “ os veciños protestan porque non se recolle o lixo, loxicamente porque tardou en arranxar o camión porque non ten un can, os sindicatos escriben cartas polo seu tratamento de matón cos traballadores públicos, e od so pendellos xa non ten nome. Tanto presumir de que conseguira a súa titularidade que non aporta nada aos agolenses e agora non os limpa nin recupera despois dos últimos actos vandálicos. A que espera? Xa llo décimos nos aos veciños, a poder pagala limpeza, e incríbel que o noso emblema un mes despois siga neste estado. Luis Calvo está agotado como alcalde”