O PP de Agolada forzará un pleno extraordinario para esixirlle aos concelleiros do PAYJ que asuman a súa responsabilidade de manter ou pedir o cese do alcalde Luis Calvo tras a súa condena xudicial
Agolada, 24 de Novembro de 2025
O Partido Popular de Agolada tras meditar e analizar a situación que neste intre esta vivindo o Concello de Agolada logo de que o TSXG confirmara nove anos inhabilitación ao Alcalde Luís Calvo pólo peche ilegal da empresa Farelo, ben de facer público que esta semana solicitará a convocatoria dun Pleno Extraordinario co fin de solicitar aos Concelleiros dos PAYJ…… que digan cal e a súa posición real ante esta situación e asuman a súa responsabilidade.
Os populares aclaran que a este Pleno xa nin é necesario que acuda un Alcalde que saben que non fará nada polo ben de Agolada e o cal non lle importa nin o máis mínimo a imaxe do Concello. Aclaran que lles gustaría que por unha vez os concelleiros do PAYJ tiveran voz no Pleno e aclarasen á veciñanza si están dacordo coa actuación do Alcalde e a apoian o se polo contrario reproban a súas maneiras caciquís e ditatoriais.
A voceira dos populares Carmen Seijas explica “que a solicitude do PP xa non se dirixe a un Alcalde que ten máis que demostrado que non lle importa Agolada nin os seus veciños, senón que pretende dar unha ultima oportunidade os seus concelleiros de non ser os parapetos dun delito”. Seijas apostilla que é a ultima oportunidade que darán a estes concelleiros de ser responsables e demostrar que están pola legalidade e o sentido común “ se neste pleno tamén calan, estará claro que apoian as actitudes do alcalde e pólo tanto xa non haberá volta atrás e serén encubridores do delito e esixiremos tamén a súa dimisión”.
Seijas aclara que o PP non pon en dubida que apoien moralmente o seu líder, “se queren confiar en el no persoal é entendible pero deben asumir que Agolada non pode soportar mais esta sin razón e non deben de ser cobardes, pedir eles mesmos o cese do Alcalde e presentarse un deles para asumir a Alcaldía, senón o fan será que están dacordo co que fixo e fai”.
Os populares tamén plantexan directamente a Margarita Varela, Cruz Dieguez e José García unha pregunta, “se eles estiveran no Goberno anterior do señor Calvo tamén mentirían no xuizo sobre a falsa Xunta de Goberno que cerrou Farelo?cremos que os veciños teñen dereito a saber que pensan, e non solo estar cobrando ns salarios pólo seu silencio”.
Seijas conclúe, “ e incrible que por exemplo Margarita Varela cale cando o seu xefe condenado por Corrupción ataca con mentiras sobre irregularidades nunca demostradas dun goberno do que ela formo parte, e sen embargo agora apoie sen fisuras a alguén que cometeu un delito”