O PP de Agolada esixe ao alcalde que presente a mellora da Rúa Xeral ao próximo Plan Extra da Deputación
Agolada, a 31 de Outubro de 2025.
O Partido Popular de Agolada ven de esixirlle ao Alcalde Luís Calvo que aproveite o “Plan Extra” da Deputación de Pontevedra para dunha vez por todas facer unha obra que a veciñanza leva anos reivindicando, o acondicionamento da Rúa Xeral. Os populares dinlle ao mandatario agoladense que xa fai uns meses foi levada a pleno unha moción onde se pedía que se fixese xa o proxecto e se solicitaran os permisos necesarios para facer unha obra que é imprescindible para mellorar a calidade de vida dos veciños e tamén a faciana de Agolada, “tratase da vía que atravesa a vila e da noxo vela, esta sumida no abandono e cremos que o pobo tamén ten que amosar unha boa imaxe a quen nos visite ou simplemente vaia de paso, aparte debese mellorar a accesibilidade, a iluminación e mesmo as beirarrúas deben de cambiarse xa que tal e como están poden ata crear accidentes aos viandantes”.
A voceira dos populares Carmen Seijas, deixa claro que para o seu equipo, esta obra é absolutamente prioritaria, e que levan anos reivindicando que se faga. Seijas indica que este é un momento inmellorable xa que a Deputación pon a disposición dos concellos un Plan que achegaría fondos suficientes para atender unha necesidade co cal non se debe de perder a oportunidade, e mais cando o Concello non podería acometer esta obra tendo en conta o estado de quebra no cal o ten Luís Calvo, “non tería nin que coofinanciar xa que pode facer como na Rúa Vazquez Pintor e empregar o “Plan + Provincia” para poñer a parte que lle correspondería ao Concello e unha vez mais a Deputación sacaríalle as castañas do lume a un Alcalde que ten o Concello afundido”.
Seijas advirte que non lle valerán ao Alcalde e os seus novos “amigos” visto o ultimo pleno do BNG, dicirlle aos veciños que esta rúa non é competencia municipal , “que non lle mintan a xente, o Estado ten competencia sobre o firme da N-640, pero é o concello quen ten que arranxar as beirarrúas e as cuestións que atinxen a mobiliario urbano, iluminación, etc…, e senón é certo o que dicimos que esixan ao Goberno de Madrid o arranxo, pero eles saben que temos a razón e solo se trata de prioridades políticas, e de traballo, xa que é unha obra que precisa planificación”, afirma Seijas.
Os populares adiantan que no futuro porán d manifesto a improvisación do Alcalde nestas obras e a perda importante que está a ter Agolada por ter un Goberno inoperante.