O PP de Agolada amosa a súa preocupación pola absoluta paralización do Concello desde a chegada de Óscar Val á Alcaldía
Agolada, a 20 de xaneiro de 2026.-
O Partido Popular de Agolada ven de mostrar a súa preocupación pola parálise que está a sufrir o Concello de Agolada logo da dimisión de Luis Calvo pola súa inhabilitación e a chegada a Alcaldía de Oscar Val. Os populares afirman que nunca viron moito interese no novo Alcalde por poñerse a xestionar o concello unha vez o seu pasotismo como concelleiro estaba amplamente demostrado, pero síntanse sorprendidos que nin se quere o impulso de chegar ao poder o leve a tomarse o cargo en serio, “non el nin ningún dos seus concelleiros moveron un dedo nestas datas, máis aló de facer postureo en algún acto”.
O PP di que estivo este tempo en silencio esperando a ver como resultaba o novo goberno, pero pasan os días e non se ve unha sola iniciativa, dando mais a sensación de estar aproveitándose do seu cargo para ir cobrando que de xestionar. A voceira dos populares Carmén Seijas indica que “ isto é incrible, xa case se cumpre o mes dende a súa toma de posición, en un equipo que debería estar cohesionado, aínda non sabemos como quedaran as novas áreas e competencias, no pobo xa se rumorea que entre o equipo hai moita división e esa falta de acordo é a que está motivando todo este parón. Polo visto todos queren mandar, pero o por traballar non se pegan, solo por ver quen salva a súa cara”.
Dende as filas do PP amósanse preocupados xa que hai moitas cuestión por debater para o futuro do Concello e nestes primeiros meses hai moitos programas e oportunidades que non se deberían desaproveitar.
Moción para crear vivenda pública nas antigas casas dos Mestres
Carmen Seijas, anuncia por exemplo que dende o PP se meteu para o seu debate e aprobación unha moción na para que concello solicite a cesión da titularidade a Xunta de Galicia das antigas Casas dos Mestres e poñerse a traballar nas mesmas para converter as mesmas en vivenda publica, “
En Agolada aínda temos en pé 6 casas dos mestres que levan anos en desuso, parte delas xa estaban cedidas na época do anterior goberno e as outras están en proceso de cesión por parte da Conselleria, que ben poderían ser destinadas para rehabilitar e ofertar como vivenda social sempre e cando sexa viable tecnicamente a súa rehabilitación e sempre e cando o Concello se faga cos terreos necesarios para darlles un acceso fora do recinto escolar”, afirma Seijas.
Así mesmo, na moción tamén se indica que “Outra opción sería a de adquirir por parte do Concello casas á venta no rural e incluso dispoñer de terreo público para vivendas de protección oficial como as xa 18 existentes e que foron entregadas fixo xa 25 anos ,alá polo ano 2005”.
Os populares instan ao goberno a dar pasos para resolver os problemas do agoladenses e que deixen de lado os seus problemas internos para facer o que lle pagan os veciños “gobernar”.