O PP da Illa denuncia que Lidia Barreiro está actuando irregularmente como concelleira e arrógase as competencias en Educación e Igualdade malia non ter tomado posesión

Xoves, 6 de novembro de 2025.-

O grupo municipal do PP da Illa de Arousa vén de denunciar que Lidia Barreiro, número 5 da candidatura do BNG nas pasadas eleccións municipais e supostamente futura concelleira, está actuando irregularmente como representante do goberno local arrogándose as competencias en Educación e Igualdade malia non ter toma aínda posesión da súa acta.

Os edís populares confirmaron que veñen de recibir un convite a través do correo electrónico remitido pola futura representante do Bloque na corporación municipal, que supostamente substituirá á dimisionario Elena Otero segundo anunciado polos nacionalistas, na que se lles anima a participar nas actividades e na Semana do 25N co gallo do Día Internacional Contra a Violencia sobre as Mulleres.

Para o PP illeño esta situación é totalmente anómala e irregular e supón unha usurpación de funcións e un uso indebido da representación oficial e lexítima do Concello da Illa de Arousa por canto da renuncia da concelleira nacionalista saínte, Elena Otero, aínda se dará conta no pleno convocado para mañá e, xa que logo, Lidia Barreiro non recibíu as correspondentes credenciais como futura concelleira por parte da Xunta Electoral nin tomou posesión da súa acta -algo que quedará para un próximo pleno- “polo que non pode, en ningún caso, actuar como tal”.

Os populares non entenden como Lidia Barreiro pode ter acceso aos seus enderezos electrónicos para enviarlles o citado convite “en calidade de membros da corporación municipal” cando ela mesma aínda non forma parte e tampouco como asina unha mensaxe introdutoria dese convite co seu nome na que fala das actividades da Concellaría de Educación e Igualdade e no que escribe textualmente que “gustaríanos contar coa vosa participación” deixando ben claro que ela é a responsable e a titular.

Por todo elo, desde o PP da Illa quixo lembrarse que Lidia Barreiro aínda non está en poder da acta municipal, non forma parte de ningún grupo con representación nin é concelleira, polo que lle esixen que rectifique de inmediato nesta usurpación de funcións ata que se faga efectiva a súa incorporación. Ademais, tamén lamentou que o Bloque “utilice o Concello como se fose a súa sede coa complicidade e responsabilidade do alcalde Luis Arosa” ao tempo que lle esixíu aos nacionalistas que respecten a institución municipal e os seus tempos e que pidan desculpas públicas por estas novas irregularidades.