O PP da Caniza vai incorporar a Elizabeth Rey Navarro como nova concelleira do grupo municipal en substitución de Miguel Domínguez
A Caniza, 1 de xuño de 2026.-
O grupo municipal do PP da Caniza vai incorporar a Elizabeth Rey Navarro como nova concelleira dos populares na corporación en substitución do ex alcalde e ex voceiro, Miguel Domínguez, que presentou a súa renuncia no derradeiro pleno tras cumprir o seu ciclo na política local.
A que será nova edil do PP local ten 47 anos e conta cunha longa traxectoria no sector da hostalería, aínda que actualmente traballa no ramo de alimentación. Trátase dunha muller moi coñecida no concello e que ademais conta cunha gran implicación coas dinámicas sociais e veciñais da vila.
Elizabeth Rey, tras coñecerse a vacante no grupo municipal do PP, amosou o seu compromiso co proxecto local dos populares e vai reforzar ao grupo no último ano de mandato para consolidar a alternativa de goberno fronte ao executivo socialista de Luis Piña, moi asfixiado pola mala situación económica das arcas municipais derivada dos seus sete anos de errática xestión.
A voceira municipal do PP, Pilar Vicente, doulle a benvida e Elizabeth Navarro e agradeceu a súa implicación para manter un grupo “unido e forte” con seis concelleiros, a só un da maioría absoluta, e adiantou que o seu traballo vai ser “fundamental” para seguir sumando, achegándose aos veciños e facendo propostas en positiva para A Caniza de cara a este final de mandato e ás eleccións municipais de 2027.