O PP constata o afundimento socialista na provincia trala súa ruptura “en vivo e en directo” no Pleno da Deputación: rachan a disciplina de voto cando se decidían máis fondos para os concellos
Pontevedra, 27 de marzo de 2026.-
O Grupo Provincial do Partido Socialista da Deputación de Pontevedra constata o afundimento do proxecto do PSOE na provincia tras aflorar outra crise interna no Pleno da Deputación provincial. Durante a sesión, no momento de votar a concesión de fondos do Plan EXTRA para financiar 57 proxectos estratéxicos noutros tantos concellos, os socialistas racharon a disciplina de voto con 3 votos a favor e 5 abstencións.
O PP, cuxa maioría na Deputación garantiu o reparto dos recursos para os concellos, amosa a súa perplexidade ao asistir a unha ruptura en vivo e en directo do PSOE e que a súa absoluta incoherencia chegue ao extremo de desmarcarse dos fondos solicitados por 15 alcaldes e alcaldesas socialistas, que son os de Silleda, Tui, Redondela, A Cañiza, Nigrán, Rodeiro, O Grove, Vilaboa, Ponte Caldelas, Caldas de Reis, Cuntis, Fornelos de Montes, Meis, Gondomar e A Illa de Arousa.
Para o PP, ademais da crise aberta no seo do PSOE, isto demostra que os populares son os únicos que teñen un proxecto claro e común para os 61 concellos da provincia, rexido pola unidade, e que concentra as súas forzas únicamente en gobernar por e para os veciños. Así mesmo, o PP asegura que queda desautorizado o PSOE para dar leccións de apoio aos concellos e se pregunta se esta ruptura vai afectar á estabilidade política dos concellos gobernados polo PSOE.