O PP acusa ao goberno de Varela e aos seus socios do BNG de «boicotear» ás asociacións ao impedir que reciban 10.000 euros para mellorar os centros culturais
Vilagarcía de Arousa, 02 de febreiro de 2026.
O Partido Popular de Vilagarcía lamenta que as asociacións veciñais perdan unha oportunidade para o acondicionamento dos centros socioculturais pola soberbia do goberno de Alberto Varela e a complicidade do BNG e EU. Todos os partidos da esqueda municipal votaron en contra, no Pleno do pasado xoves, de ampliar o convenio de cesión dos centros comunitarios ás asociacións veciñais, de 2 a 5 anos, para que éstas puidesen solicitar os fondos do Plan Máis Provincia Comunitaria co que poderían recibir anualmente unha axuda de entre 6.000 e 10.000 euros para arranxos e diversas melloras, coma de accesibilidade ou eficiencia enerxética.
Para a voceira popular, Ana Granja, “o que vimos no último Pleno foi un acto de falta de consideración hacia os veciños que traballan por dar vida ás parroquias”.
A excusa do executivo de Alberto Varela non foi outra que calificar a nosa proposta de “partidista” por querer que os nosos veciños se beneficien dunha liña de axudas, que si se aprobase a nosa moción, lles correspondería ao igual que a moitas asociacións do resto de municipios da provincia, independentemente da cor política.
Eso sí, resulta canto menos curioso, o descaro dos socialistas, que foron quen de presentar unha enmenda para esixir que a Deputación cambie as bases para que os cartos do Plan sexan para o Concello e non para as entidades veciñais. “Reciben máis cartos que nunca da Deputación e aínda queren quedarse co que lles toca ás asociacións”, critica Ana Granja.
En este sentido, lembrou que a xestión do PSOE caracterízase por “obras que son chapuzas, mantemento inexistente e instalacións municipais deficientes. Non atenderon as demandas das parroquias en 11 anos, non o van facer agora”, reprocha la popular.
Tampouco comprendemos a posición do BNG de Vilagarcía: “Falan moito da veciñanza, das parroquias e do asociacionismo, pero á hora da verdade, preferiron limitar a autonomía ás asociacións antes que levarlle a contraria a Alberto Varela, co que se convirten en cómplices do abandono que sufre Vilagarcía porque, tendo a chave para cambiar as cousas, prefiren calar e outorgar.
Unha vez máis, o Pleno foi reflexo da soberbia e nerviosismo, no que está sumido este goberno socialista, conclúe o PP de Vilagarcía.
En todo caso, o PP de Vilagarcía, recorda as asociacións que poden seguir recurrindo a esta línea de subvenciós da Deputación de Pontevedra, pero únicamente para a compra de equipamento.