O PP acusa a PSOE, BNG e AER de “gobernar contra Redondela” por rexeitar un gran Espazo Cultural, a implantación dun servizo fronte a incendios e a mellora da N-552 en Chapela

Redondela, 24 de xullo de 2026.-

O grupo municipal do PP acusou ao PSOE, BNG e AER de “gobernar contra Redondela e contra os intereses dos redondeláns” por rexeitar, no pleno extraordinario celebrado onde, as súas mocións para a construción dun gran Espazo Cultural con auditorio e outras instalacións, a implantación dun servizo de emerxencias obrigatorio por lei e ditaminado pola xustiza e a mellora integral da estrada N-552 en Chapela.

Así, tras a sesión, os populares arremeteron contra os tres partidos de esquerdas por votar contra estas propostas “de necesidade e de máximo interese xeral que apoian a inmensa maioría dos veciños” e indicaron que a súa postura débese á súa política sectaria de rexeitamento a todas as propostas construtivas do PP e, principalmente, á súa absoluta incapacidad de xestión para sacalos adiante.

No caso do gran Espazo Cultural, o PP defendeu a paralización da construción dun pequeño museo impulsado polo goberno de Digna Rivas para non cercenar toda a superficie pública da Marisma e edificar nesa contorna un gran complexo sociocultural cun auditorio modular de grandes dimensións, un espazo museístico, conservatorio, biblioteca, Casa da Xuventude e locais para asociacións, pero atopouse de fronte “coa cativez de miras e a política do pequeno” dos tres grupos municipais de esquerda

“Excúsanse en que o noso proxecto é irreal, pero a realidade é que todos os grandes concellos da provincia contan con estas instalacións e Redondela é o único que non, así que se non se ven capaces de dotar aos veciños destes servizos o mellor que poden facer é admitilo e irse para casa”, manifestou o voceiro municipal do PP, Javier Bas.

Así mesmo, o concelleiro popular calificou de “lamentable e irresponsable” que rexeitaran a constitución dun Servizo Municipal de Extinción e Prevención de Incendios malia o ditaminado pola sentencia 138/2023 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo e refrendado pola 37/2025 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). “Esíxeo a lei, confirmouno a Xustiza e poñemos en risco á xente cada vez que hai un lume e teñen que vir operativos desde outros concellos, polo que non sei a que están agardando”, sinalou o edil.

Finalmente, o terceiro rexeitamento de socialistas, nacionalistas e do edil independente foi o referido ao envío dunha solicitude ao Ministerio de Transportes para a que cumpra de inmediato cos compromisos adquiridos coa plataforma de afectados, que liderou esta cuestión, por mor da ampliación da Autoestrada AP-9 en Chapela e que pasan pola execución do proxecto de reordenación de accesos, mellora da seguridade viaria e adecuación da N-552 entre o Alto da Encarnación e o límite co Concello de Vigo. “Debe ser que como se trata de Chapela o goberno pasa de todo e máis cando tería que molestar aos seus compañeiros de Madrid por non cumprir co acordado”, apostillou o concelleiro Miguel Álvarez.

“PSOE, BNG e AER sempre se unen para tumbar os grandes proxectos que precisa Redondela como cuarto concello da provincia e para non seguir quedando atrás, pero quedan 303 días para que estas decisións non depende deste pésimo goberno e queden en mans dos redondeláns”, destacou Javier Bas.