O PP acusa a Leticia Santos de “asfixiar o casco urbano e afogar ao comercio” cos fallidos aparcamentos rotatorios e esíxelle que revirta a constante destrucción de prazas

Mércores, 10 de decembro de 2025.-

O grupo municipal do PP de Moaña vén de acusar á alcaldesa, Leticia Santos, de “asfixiar o casco urbano, marear aos veciños e afogar ao comercio” co novo e fallido sistema de aparcamentos rotatorios, consistente en algo máis dunha vintena de prazas limitadas a 30 minutos nas rúas Concepción Arenal e Ramón Cabanillas, e esíxelle que revirta dunha vez a constante destrucción de prazas que impiden que a xente aparque no casco urbano.

“Levamos algo máis dunha década na que, cada cousa que fai a alcaldesa, leva aparellada a desaparición de prazas de estacionamento e, tras estes dez anos de xestión, xa conseguíu un triste obxectivo, que é que aparcar en Moaña sexa entre imposible e milagreiro nunha política de estrangulamento absoluto da nosa vila”, manifestou o voceiro municipal, Alfonso Piñeiro.

Os populares interesáronse por esta cuestión onte no seo da comisión informativa de Mobilidade “ante a grave preocupación dos moañeses, o malestar polas voltas e voltas que dan buscando un oco para o seu coche e o fartazgo por unhas medidas constantes e recurrentes que o único que conseguen é que a vida sexa cada día máis incómoda en Moaña”. Ademais, o PP tamén calificou, tras esta reunión, de “surrealista” que o goberno do Bloque defenda esta medida e sosteña que está a ser exitosa “cando o fracaso e o caos destes días é indiscutible”.

“Viven totalmente de costas á realidade e ás necesidades da xente, algo que tamén estamos vendo coa suba da taxa do lixo, limitándose a aplicar a súa axenda ideolóxica tan nefasta, polo que cremos que están totalmente desconectados das necesidades dos veciños”, sinalou o edil popular, que engadíu que este novo sistema rotatorio de 30 minutos só serve para que o goberno do BNG tente frear o enorme descontento veciñal “semellando que fan algo para solucionar este importante problema, pero a realidade é que non é útil para os cidadáns e está a xerar un agravamento do caos circulatorio e do estacionamento”.

Os populares lembraron que, cada iniciativa ou obra do goberno, “leva como marca nacionalista a desaparición de prazas” e explicaron que o caso máis recente foi tras a posta en uso das restauradas carpintarías de ribeira, “que ían supoñer a destrucción de apenas un par de prazas para que a xente do BNG poida entrar ben nos seus locais sociais e que, ao final, levouse case unha decena de espazos de estacionamento por diante”.

Ademais, desde o PP local tamén indicaron que o sistema de control dos 30 minutos é totalmente aleatorio, irregular e arbitario, posto que non existen parquímetros e todo depende da acción directa da Policía Local, polo que explicaron que xera unha inseguridade xurídica absoluta nos cidadáns e tamén no propio Concello ante unha posible reclamación fronte a unha sanción.

Finalmente, os populares reclamáronlle ao goberno nacionalista que “deixe de facer o mal” con estas medidas “amparadas en excusas falaces como que non é posible crear máis prazas de aparcamento” e pedíronlle comecen a habilitar lugares céntricos baleiros e desaproveitados para dotar de máis estacionamento á vila ao tempo que cese na súa política de eliminación de todo canto lugar poida acoller un vehículo.