O PP acusa a Digna Rivas de “mentir” cos Orzamentos da Xunta e de rebentar todas as opcións de máis investimentos en Redondela por falta de proxectos e optar só pola confrontación

Redondela, 22 de outubro de 2025.-

O grupo municipal do PP de Redondela vén de acusar á alcaldesa, Digna Rivas, de “mentir” sobre a cifra que os Orzamentos 2026 da Xunta van destinar en investimentos ao concello, xa que a rexedora cifrouna en cero euros cando en realidade o documento recolle a reforma da Avenida de Mendiño (1.168.000 euros do orzamento total de 1,6 millóns de euros), as actuacións na Illa de San Simón (400.000 euros) ou o Fondo de Cooperación Local (800.000 euros), entre outros.

“Redondela, para desgraza dos nosos veciños, obtivo a cantidade máxima que se podía agardar e toda a posible sen que dependera do traballo da rexedora e do goberno socialista que, como sabemos todos, é nulo e totalmente ineficaz. Rivas centrouse en rebentar todas as opcións de máis fondos porque non presentou ningún proxecto novo nin pedíu nada polas canles establecidas e adicouse exclusivamente a actuar contra os intereses dos redondeláns cunha política de confrontación frontal co Goberno galego por orde dos seus xefes do PSOE Provincial que non auguraba nada bo”, explicou o voceiro municipal, Javier Bas.

Os populares engadiron que o compromiso da Xunta con Redondela “é claro, irrenunciable e ademais medible” e está moi por riba do nulo interese da alcaldesa en establecer canles de colaboración, xa que lembraron que recentemente adicáronse 2,6 millóns a nove centros educativos, destacando os 1,9 millóns para o IES Pedro Floriani, 500.000 euros á reforma do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade, 2,4 millóns a obradoiros de emprego ou 1,2 millóns para o pilotaxe do peirao de Cesantes, que tamén se perderon pola neglixencia da alcaldesa.

“A Xunta investíu, inviste e investirá en Redondela, tal e como demostran as cifras, e se no inviste máis e porque a ineficacia de Rivas é evidente e si que supón unha verdadeira burla e un problema para os veciños”, apostillou o concelleiro popular, que considera que, ademais de pedir desculpas por mentir, a alcaldesa tamén debería ter dimitido polas perdas millonarias de fondos que lle conceden e pedir perdón por non negociar coa Xunta novas iniciativas, actuacións e proxectos como fan os demais concellos e dos que logo fala e se queixa “cando os seus alcaldes si que fixeron o seu traballo”.

Finalmente, Javier Bas calificou de “surrealista” que a rexedora reclame a imprescindible Escola Infantil de Chapela despois de que deixara pasar catro ordes de axudas da Xunta de Galicia e un convenio para a súa construción nos últimos seis anos e tamén que pida obras en saneamento e redes separativas de augas pluviais, que son unha competencia exclusivamente municipal.

“Redondela ten uns investimentos da Xunta moi altos para o traballo que fixo a alcaldesa, que se sitúa entre a nada máis absoluta e incluso en poñer paus nas rodas, e ten uns investimentos moi baixos en comparación cos que podería ter cun goberno local e un alcalde eficientes, comprometidos, traballadores e volcados cos veciños, que é algo que só chegará da man do PP”, concluíu.