O PARTIDO POPULAR DE SILLEDA SOLICITA UN PLENO EXTRAORDINARIO SOLICITANDO A REBAIXA DOS IMPOSTOS MUNICIPAIS COMO O IBI
Silleda, 3 de outubro de 2025.
O Partido Popular de Silleda ven de solicitar conxuntamente co BNG a celebración dun pleno extraordinario no que se solicitará a rebaixa de impostos ante as medidas levadas a cabo polo grupo de goberno, nos que solicitou a revisión dos valores catastrais, e pola aprobación do PXOM, que esta motivando un incremento dos impostos os silledenses.
Os populares veñen de consensuar a celebración deste pleno coa formación nacionalista, ante a inactividade do grupo de goberno, que fixo que os últimos plenos ordinarios se celebrasen prácticamente sen ningún contido, e ante as demandas veciñais que ven cada día como os seus recibos como o do IBI se incrementan máis e máis co paso do tempo.
A convocatoria solicitada polos populares inclúe o debate de catro puntos como son a rebaixa dos tipos do IBI, que o Concello de Silleda mantén nos tipos máis altos da nosa contorna, e a inclusión de bonificacións fiscais en impostos como o de circulación e de obras a fin de que se adapaten a nova realidade, permitindo que aqueles veciños que opten por solucións menos contaminantes, vexan reducidos os seus impostos.
Según valorou o voceiro do Partido Popular, Ignacio Maril, “Estas, son medidas fundamentais para os nosos veciños, a primeira relativa a rebaixa do IBI, por que non e de lei que os veciños teñan os tipos máis altos de toda a contorna, e aínda máis despois da revisión dos valores catastrais levada a cabo nos últimos anos a petición do goberno municipal, e coa entrada en vigor do PXOM que grava como urbanas fincas que non contan con ningún tipo de servizo. A pesares de que xa o solicitamos a través dunha moción o grupo de goberno rechazouna, polo que non nos queda máis remedio que pedilo a través dun plen extraordinario. O resto de medidas van enfocadas a modernización das vivendas e a súa adaptación para as persoas con dificultades de mobilidade, e o fomento do uso de vehículos máis contaminantes, e para aquelas familias que teñan o recoñecemento de numerosas. O que buscamos e modernizar as ordenanzas despois de moitos anos sen que se faga nada polo grupo de goberno, e que os veciños de Silleda podan contar con rebaixas nos seus impostos que son xustas e moi precisas.”
Dende as filas populares esperan que a Alcaldesa convoque canto antes o pleno, e que se aproben os acordos para tomar estas medidas que son tan precisas para os veciños de Silleda, e así xa podan entrar en vigor para o vindeiro exercicio 2026.