O Partido Popular de Agolada felicítase pola achega da Deputación de Pontevedra para humanización da rúa Vazquez Pintor e afea ao goberno que empregue os fondos do Plan + máis Provincia en poñer a súa parte de cofinanciación en detrimento das necesidades do rural
Agolada, a 25 de xuño de 2025.-
O Partido Popular de Agolada felicitase pola achega que a Deputación de Pontevedra fará ao Concello de Agolada para poder levar a cabo a humanización da Rúa Vázquez Pintor e que será da totalidade do custe da obra con mais de 595.000 €. Os populares explican que unha vez mais se ve nesta subvención concedida a través do Plan Extra que o organismo provincial presidido por Luís López non abandona a ningún Concello a súa sorte, e recorda que este Plan foi ampliado en canto aos seus fondos co fin de “garantir que todos os concellos tiveran axuda”.
Os populares non obstante critican que o Concello de Agolada non poña dos seus fondos a parte que lle correspondería para cofinanciar as obras de 95.000 € e que Luís Calvo tivera que usar os tamén fondos provincias do Plan + Provincia para poder levala a diante, “ é unha vergoña e unha demostración de que a economía do Concello de Agolada está como está, Luís Calvo ten o Concello afixiado, e estes fondos do Plan + Máis Provincia que deberían ser empregado en mellorar as pistas e outras infraestruturas no rural, teñen que ser empregados para salvar unha subvención onde o concello non ten para poñer a súa parte”. O PP pregúntase se este non é o autentico motivo de ter o rural abandonado ou mesmo deixar obras a medias como a pista da parroquia de Berredo.
A voceira dos populares Carmen Seijas deixa constancia que unha vez máis vese que nos non mentimos cando dicimos que Agolada está en quebra e que todas as inversións realizadas veñen de Xunta e Deputación, sabemos que nos criticaran por agradecelo, pero dicímoslle a quen o fai, Goberno e BNG, que nos sempre imos estar esixentes con todos os que deben investir en Agolada, e agradecidos se o fan, sexan da cor que sexan”.
Seijas, afirma ademais que despois o Alcalde fará publicacións falando de obras “que non pode nin poñer a súa parte”, e indica que “non é ningún descobremento que nos apostamos no seu momento porque o Plan Extra atendera a mellora da Rúa Xeral, as beirarrúas e parte peonil que corresponde ao Concello, pero sempre imos estar de acordo con que se mellore o pobo e pólo tanto estamos contentos con esta obra”.
A imaxe de Agolada danada por un Alcalde Corrupto
Os populares fanse eco ademais dunha cuestión que non pasou para eles inadvertida e que o seu entender non é menor. Dan conta de que nas redes sociais e notas de prensa a totalidade dos alcaldes da provincia acudiron ao Pazo Provincial a asinar os convenios que achegan os fondos do Plan Extra a excepción do rexedor agoladés e indican que isto se debe sen dubida a que “ninguén quere saír na foto cun alcalde condenado a tres anos e medio de cárcere e 13 de inhabilitación, a corrupción ten estas cousas que ninguén esta disposto a manchar a súa imaxe posando cun corrupto”.
Seijas indica que “o problema non é solo esta sinatura que houbo que facer a distancia, o problema é que non se puído aproveitar este acto para falar co Presidente e explicarlle as necesidades do Concello, e moito me temo que esta vai ser a tónica con outros cargos. Xa viñamos advertindo que ter co bastón de mando a un alcalde corrupto podía traer consecuencia nefastas para o Concello, a primeira delas a imaxe, e isto solo acaba de empezar”. Non obstante os populares insisten en que eles seguiran traballando a par dos veciños e trasladando a s súas inquietudes e necesidades onde proceda, “un alcalde tramposo nunca poderá afundir a Agolada mentres non esteamos aquí”.