O deputado Raúl Santamaría agradece ao Goberno galego o orzamento no Salnés, centrado principalmente na mellora da calidade das augas e do saneamento da ría de Arous

Pontevedra, 23 de outubro de 2025.-

O deputado autonómico, Raúl Santamaría, agradeceu ao Goberno galego o investimento que vai levar a cabo o vindeiro ano na comarca do Salnés, e que está centrado principalmente na mellora da calidade das augas e no saneamento da ría de Arousa. Destacou que a Xunta volve apostar unha vez máis por melloras que inciden directamente no sector do marisqueo e no sector do cultivo do mar.

Raúl Santamaría, deu conta hoxe diante da EDAR de Vilagarcía, acompañado da portavoz do Partido Popular de Vilagarcía, Ana Granja; do deputado nacional e concelleiro, Juan Bayon e de representantes dos concellos da comarca, da valoración dos orzamentos da Xunta de Galicia  na comarca da comarca do Salnés.

En primeiro lugar, Santamaría explicou que estes orzamentos van ser efectivos o 1 de xaneiro 2026. “Pedro Sánchez dicía cando comezou como presidente do Goberno que os presupostos son ese combustible que todo o vehículo necesita para poder funcionar. Parece que agora varios anos despois olvidouse diso. Agora di que bueno, non é necesario ter orzamentos aprobados e a realidade é que son uns orzamentos aprobados”, indicou o deputado autonómico.

“Hai varios temas que preocupan a veciñanza e que preocupan os galegos e as galegas e estes orzamentos, pois dan resposta a esta problemática. En primeiro lugar estamos aquí diante da depuradora de Vilagarcía  para falar de saneamento.

25,4 M€ para a mellora das augas e saneamento da ría de Arousa, con obras como a da mellora da potabilizadora do Salnés; a mellora do saneamento municipal de Cambados-Vilanova de Arousa”, indicou Raúl Santamaría.

Santamaría tamén explicou que hai outros temas que, tamén afectan e preocupan aos galegos e ás galegas como é o tema da sanidade, onde a Xunta de Galicia aposta por mellorar as infraestruturas en Vilagarcía con 13M€ para ese novo centro de saúde. E co novo centro de saúde de Meis, máis de 500.000€ para o Hospital do Salnés, un hospital comarcal que da servizo a todos os concellos da comarca e que vai contar, con un mamógrafo que vai permitir atender a un problema que sofren moitísimas mulleres, así como a ampliación do Centro de saúde de Baltar.

“O Centro de Educación de Formación Profesional de aquí de Vilagarcía de Fontecarmoa, un centro referente non só para a comarca do Salnés, senón para toda a provincia e para todo Galicia cada vez máis mozos e mozas, pois queren adicarse a esta educación profesional a formación profesional que posibilita adicarse realmente á labor que máis lle gusta. E aquí en Vilagarcía teñen ese centro referente tamén o CEIP Rosalía de Castro en O Grove, e o CEIP San Tomé en Cambados. Sumado a esa educación gratuíta desde o 0 anos ata a universidade que Galicia é pioneira”, destacou o deputado popular.

Finalmente, Raúl Santamaría solicitou aos membros da oposición un pouco de rigor político e que non fagan bulos, nin mentiras duns presupostos que si realmente van resolver esas demandas dos galegos e das galegas e dos veciños e veciñas dos concellos do Salnés. É grave que unha portavoz do Goberno de Vilagarcía, que se dedica e se debería dedicar a gobernar e a saber cómo funcionan uns orzamentos diga que son cutres.