O deputado Juan Bayón e as senadoras Nidia Arévalo e Pepa Pardo explican o programa de vivenda de Feijóo que contén 15 medidas de choque para cubrir o déficit actual que hai en toda España
Pontevedra, 26 de xaneiro de 2026.-
O deputado Juan Bayón e as senadores Pepa Pardo e Nidia Arévalo explicaron hoxe o plan de vivenda de Alberto Núñez Feijóo, que contén unha batería de 15 medidas de choque para cubrir o déficit do millón de casas que necesitan os españois e propón tamén unha maior financiación para as comunidades e concellos que traballen en vivenda.
Pepa Pardo avanzou que, a vivenda é unha principal prioridade para o PP, fronte a un Goberno que non ofrece solucións e só se preocupa en manterse no poder, polo que o presidente Núñez Feijóo comprometeuse a tomar as medidas necesarias para cubrir na próxima lexislatura o déficit dun millón de vivendas que necesitan os españois.
“Consideramos urxente esta posta en marcha do Plan Integral de Vivenda proposto polo noso presidente, xa que falar de vivenda implica realizar políticas de mocidade e de familia, recuperar ás clases medias e lograr barrios seguros”, precisaron os populares pontevedreses, indicou Juan Bayón.
O deputado nacional lamentou que independizarse agora non pode ser unha misión imposible. “Axudaremos a toda a xeración de mozas aos que Sánchez está a impedir acceder a unha vivenda. Co PP os mozos poderán crear unha Hucha Hogar Nova na que se poderán achegar 2.000 euros cada ano cunha dedución do 20%, cun máximo de achega de 40.000 euros, para a compra da primeira vivenda, e contaremos tamén co Plan Prepara sen impostos durante os 4 primeiros anos da vida laboral dos mozos, cunha bonificación na cota do 100% no IRPF no seu primeiro ano de vida laboral, o segundo ano a bonificación será do 75%, o terceiro ano será 50% e o cuarto do 25%..
Os populares tamén avanzaron que no Plan están incluídas propostas cun modelo de financiamento, dando máis recursos a comunidades e concellos que constrúan casas. “Hai que incentivar ao máximo a todas as administracións para que axilicen trámites, poñan chan e axuden a que haxa as casas que os españois necesitan, así como maior financiamento para as comunidades e maior capacidade de gasto dos concellos que traballen realmente en política de vivenda”, precisou Nidia Arévalo.
Nestes momentos, en España, hai unha escaseza de oferta, impostos altos, inseguridade xurídica e okupación, demanda concentrada e uns salarios baixos, que son as 3 principales dificultades en materia de vivenda. “Necesitamos corrixir drasticamente todo o que este Goberno está facendo mal”, pechou a senadora pontevedresa, Nidia Arévalo.
Programa de Vivenda do PP: 15 medidas
- Menos trabas e menos burocracia para a construción de vivenda. Aplicar o silencio administrativo positivo de 90 días.
- Mobilización áxil de todo o chan dispoñible, cun 30 % de rebaixa do prezo da media do mercado.
- Flexibilidade para as operacións de rexeneración urbana.
- Plan Residencial Estratéxico para reducir de 10 a 4 anos o tempo de construcción.
- Colaboración público-privada.
- Aprobación dunha Lei de Chan que dea seguridade real aos plans urbanísticos.
- Más financiamento para as comunidades autónomas que faciliten a construción de vivenda no seu ámbito territorial.
- Habilitar o uso de remanentes dos concellos para política de vivenda.
- Impulso á Innovación para reducir tempos ante a escaseza de man de obra.
- Plan Formativo e de Emprego Específico.
- Baixada do IVE do 10 ao 4% aos mozos que compren vivenda nova.
- Bonificación no IRPF aos mozos.
- Hucha Hogar Nova.
- Unha lei contra a okupación para desaloxar aos delincuentes en 48 horas e protexer a propiedade privada.
- Apoio ás familias vulnerables e seguridade aos propietarios, non a quen delinque.