O deputado autonómico Raúl Santamaría valora os orzamentos da Xunta no Salnés centrados na educación, na sanidade e no medio ambiente
Pontevedra, 21 de outubro de 2024.-
O deputado autonómico, Raúl Santamaría valora os orzamentos da Xunta no Salnés centrados na educación, na sanidade e no medio ambiente. “Un ano máis, o Goberno galego aproba os orzamentos en tempo e forma, e desta volta, destina á comarca do Salnés e do Ullán, maís de 48M€.
Raúl Santamaría agradeceu as múltiples partidas nos centros educativos da comarca, dos que destacou os 2,1 M para a ampliación do CIFP Fontecarmoa, a ampliación do CEIP PlurilíngueArealonga,que contará con 640.000 €; a instalación dun ascensor no IES Carril, 169.000 €; a cuberta da pista do CEIP Sestelo-Baión, con 729.824; as obras no CEIP San Roque, 250.000 €, e as obras no CEIP de Portonovo, con 248.000 €.
Cambados contará con 850.000 € destinados á ampliación do CEIP San Tomé, e os concellos de O Grove, Meaño e Ribadumia, o CEIP Rosalía de Castro, o CEIP Coirón-Dena e o CPI Julia Becerra, contarán cun orzamento de 300.000 euros para cada un dos centros educativos.
Raúl Santamaría indicou tamén a importancia das obras e actuacións nos centros de saúde e no Hospital do Salnés; onde destaca a partida para o novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa, que conta cunha achega de 9,2 M€ para a súa construción; a adquisición de equipamento para o hospital do Salnés, con 800.000 €;
O deputado autonómico agradeceu ao Goberno galego que siga tendo en conta a importancia que ten para a comarca a Ría de Arousa e destacou o importante investimento de 30M€ das arcas galegas para o saneamento da ría.