O Comité Organizador do 10º Congreso Provincial de NNXX proclama como válida a candidatura do deputado Raúl Santamaría á presidencia da organización

Mércores, 27 de maio de 2026

O Comité Organizador do Congreso (COC) do 10º cónclave provincial de Novas Xeracións (NNXX) de Pontevedra vén de proclamar como válida a candidatura do deputado Raúl Santamaría González á presidencia da organización xuvenil, converténdose no único aspirante oficial ao liderado desta entidade en substitución da concelleira salcedense Ana Cristina Pérez Cabaleiro, que vén de alcanzar o límite de idade tras unha etapa de case oito anos.

O comité organizador, presidido pola pontevedresa Seila Varela e no que tamén están integrados Carlos Antonio Briceño Gil, Sara Martínez Salgado, Sergio Quinteiro Varela e Alba Martínez Guerreiro, recibíu o pasado luns á noite o rexistro da candidatura do propio Raúl Santamaría. Xa esta mañá, no marco do cronograma do congreso, reuníuse para avaliar a documentación e determinou que o tamén presidente de NNXX de Vilagarcía cumpre cos requisitos de militancia, estatutarios e de avais, xa que triplicou o mínimo esixido, polo que pasa a ser proclamado oficialmente como candidato á presidencia.

A partires de agora, no marco deste proceso congresual, abrirase un período de campaña electoral interna entre o venres 29 e o 9 de xuño para que Raúl Santamaría explique o seu proxecto para a organización e a mocidade entre todos os militantes da provincia e dea a coñecer os integrantes do seu equipo directivo. Finalmente, celebrarase a Congreso Provincial o venres 12 de xuño na cidade de Pontevedra.

Raúl Santamaría (Vilagarcía, 1998) é Licenciado en Educación Primaria e profesor e sempre tivo unha gran participación na vida pública, posto que preside NNXX de Vilagarcía desde 2016, é concelleiro na súa vila natal desde o ano 2022 e tamén deputado autonómico desde o comezo da presente lexislatura en 2024. Ademais, sempre destacou polo seu compromiso e implicación coa xuventude desde a asociación Arousa Moza e gañou moita sona coa súa exitosa participación cos Mozos de Arousa no concurso televisivo “Reacción en Cadena”.