Nidia Arévalo arremete contra a “absoluta inacción” do Goberno de Sánchez para corrixir os problemas de telefonía móbil en Tomiño, que afectan a case 7.000 veciños

A candidata número un do PP ao Senado pola provincia de Pontevedra, Nidia Arévalo, arremetu hoxe contra a “absoluta inacción” do Goberno de Pedro Sánchez para corrixir, ao longo da lexislatura que remata, os graves problemas de telefonía móbil que padece o Concello de Tomiño, que afectan a case 7.000 veciños, o que supón a metade da súa poboación
A cabeza de lista á Cámara Alta visitou esta mañá a feira da vila na compaña da presidenta do PP local, Lara Meneses, dos tamén candidatos Alba Martínez e Santi Davila e doutros concelleiros populares e aproveitou para departir con centos de veciños, moitos dos cales lle trasladaron esta problemática, posto que afecta moito á súa calidade de vida e merma o desenvolvemento axeitado de cuestións empresariais, laborais, persoais ou sanitarias.
“É inadmisible que en pleno ano 2026 e despois de que a Unión Europea lles concedese fondos millonarios en materia de telecomunicacións e novas tecnoloxias, haxa un concello moi importante como Tomiño con 14.000 veciños no que falar por teléfono sexa unha misión imposible”, lamentou Arévalo, que considera que a falta de solucións nestes tres anos débese “a política de abandono, castigo, discriminación e maltrato xeralizados á nosa provincia.
A candidata ao Senado engadiu que este grave problema tamén se extende, aínda que en menor medida, ao acceso a Internet, xa que o 73% dos veciños de Tomiño non teñen unha conexión á rede cunha calidade e velocidade mínimas de 100 Mbps e, por suposto, a situación amplíase coa rede 5G nos móbiles, xa que uns 3.700 veciños non dispoñen dese formato nos seus lugares de residencia neste municipio.
Pola súa banda, Lara Meneses lembrou que reciben centos de queixas dos veciños todos os meses e que o PP levou numerosas iniciativas ao Congreso ao longo desta lexislatura a través dos seus deputados, “pero o PSOE sempre fixo caso omiso” e lamentou que Tomiño “sexa o concello con peor cobertura de toda a provincia de Pontevedra”, principalmente ao longo da estrada PO-552,a contorna do río Miño e algunhas zonas con dificultades orográficas a causa da deficiente rede de infraestruturas e postes e a coincidencia e solapamento en numerosos puntos co sistema portugués.


