← Novas

En el tema de lesiones musculares yo si creo que tenemos un problema y es la forma que tenemos de jugar. Al final, el que más partidos lleva son 11-12 partidos en 3 meses. No pueden estar fatigados ya. Si no, en marzo estamos muertos.

2 min

A candidata número un do PP ao Senado pola provincia de Pontevedra, Nidia Arévalo, visitou Ponteareas acompañada pola alcaldesa e presidenta do PP local, Nava Castro, e pola secretaria xeral provincial, Luisa Piñeiro, nun encontro no que compartiron impresións cos veciños e abordaron algunhas das principais necesidades do municipio. Durante a visita, Arévalo destacou a importancia e urxencia de impulsar definitivamente o proxecto de mellora da seguridade viaria da N-120, especialmente ao seu paso polas parroquias de Xinzo, Arnoso e Areas, unha actuación prioritaria para Ponteareas e para o conxunto da comarca.

A candidata ao Senado puxo en valor o traballo constante desenvolvido pola plataforma veciñal para manter viva esta reivindicación e conseguir que a mellora da estrada siga sendo unha prioridade na axenda das administracións tras a evidente inacción do Goberno de Pedro Sánchez.

“Ponteareas merece unha N-120 moderna, segura e adaptada ás necesidades dos seus veciños. Estamos ante unha actuación fundamental e urxente para mellorar a calidade de vida, facilitar a mobilidade e garantir a seguridade dos milleiros de persoas que utilizan esta estrada cada día”, destacou Arévalo, que reafirmou o compromiso de seguir traballando para que esta infraestrutura sexa unha realidade canto antes.

“O noso obxectivo é claro: conseguir que as obras comecen e que os veciños de Xinzo, Arnoso e Areas poidan contar coa seguridade viaria que merecen. Lévase moito tempo reivindicando esta actuación e con nós no goberno será unha realidade”, sinalou a candidata ao Senado.

Arévalo destacou tamén a importancia de que as administracións dean resposta a unha demanda histórica nun tramo que soporta unha elevada intensidade de tráfico, con arredor de 17.000 vehículos diarios.

Neste sentido, expresou a súa confianza en que un futuro Goberno presidido por Alberto Núñez Feijóo dará o impulso definitivo a esta infraestrutura estratéxica.

Pola súa banda, Nava Castro sinalou: “Queremos que a N-120 deixe de ser unha preocupación para converterse nun exemplo de seguridade, accesibilidade e progreso. Ponteareas ten futuro, ten capacidade de crecemento e merece unhas infraestruturas á altura das súas necesidades”.

A visita rematou cun percorrido pola feira de Ponteareas, onde as representantes populares tiveron ocasión de conversar cos veciños e comerciantes, escoitar as súas propostas e reafirmar o seu compromiso co desenvolvemento económico e social do municipio.

Novas